venres, 28 de abril de 2017

¿Miedo de quién?

Boisnard, Fabienne(1994), ¿Miedo de quién?, ilust. Mireille Fronty, Madrid: Editorial Todolibro, (libro recomendado para maiores de 1 ano), (ISBN: 84-7883-232-7)

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado cos cantos redondados, tamaño pequeno, tapas e follas duras e tamaño pequeno. Na parte superior da cuberta podemos ver o título do conto suxeitado por dous mouchos, ademais tamén podemos observar un elefante e un gato con cara de medo que se están a esconder detrás dunha árbore.



Na contracuberta, o autor explica a finalidade dos libros deste tipo e o divertidos que poden chegar a ser, ademais dos datos de edición.


O contido do interior do libro, baséase nunha cadea pechada de animais (empezando e rematando polo rato). Cada animal ten medo do seguinte que aparece ata chegar ao elefante que, curiosamente, sinte medo do animal mais pequeno e indefenso que aparecía ao pricipio da cadea,o rato. 



Potencialidades: Con este conto podemos traballar os nomes dos animais ademais de que podemos formular en forma de adiviña cal será o seguinte animal que vai aparecer (aínda que cando repitamos o conto algunhas veces os nenos xa o terán memorizado). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario