luns, 24 de abril de 2017

Toño uns pés perfectos

Teño uns pés perfectos

SOLAR, María (2015), Teño uns pés perfectos, ilust. Gusti, Pontevedra, col. Seteleguas [48 pp.] (ISBN: ISBN: 978-84-8464-974-8)




Breve descrición do formato e contido da obra: Tratase dun conto ilustrado, publicado na colección Sete Leguas de Kalandraka e encadernado en tapa dura que conta a historia de Melchor Sabichón.
Melchor era un neno moi listo, sabíao todo, tanto que o chamaron para o concurso  Na busca do neno máis listo“. E preparouse ben a fondo, estudou matemáticas, historia, lingua, bioloxía, ata que xa non se lle ocorreu nada máis que lle quedase por aprender.
Chegado o día do concurso, coñeceu aos seus contrincantes: Isidro Todosabe e Raquel Requetelista, dous nenos que o sabían todo polo que o concurso ía estar moi disputado. Os temas que lle tocaron a Raquel e a Isidro foron cálculo e Historia do antigo Exipto, e o tema que lle tocou a Melchor foi: Pés!!!
Tiña ata o día seguinte para preparar o tema, pero Melchor sentiuse triste porque non sabía nada de pés. A súa nai, ao velo así, consolouno decíndolle que as cousas que temos máis cerca son as que menos miramos, e doulle un libro: Teño uns pés perfectos. Melchor descalzouse e comezou a ler e aprender todo o que poñía naquel libro: por que cheiran a veces a queixo, os tipos de pés, o ósos que ten, canto medran as unllas e moitas cousas mais que non sabia.
O día do concurso todos acertaron as preguntas do concurso, pero foi Melchor o que levou o premio, porque aprendeu, que o inmediato a veces nos pasa desapercibido e que tamén se aprende de todo o que nos rodea.

Potencialidades: publicado na colección Sete Leguas de Kalandraka, trátase dun libro dentro doutro libro, no que os lectores acompañan a Melchor no seu descubrimento sobre os pés. É un libro para todas as idades, porque dependendo se o lee un neno entenderá unhas cousas, e se o lee un maior, entenderá outras.  Ten unha parte de creación literaria e outra informativa, e o que o diferencia é a cor do papel e tamén as ilustracións. Neste caso trátase dun conto ilustrado, e precisa da súa lectura para entender o que pasa, as ilustracións son chamativas e reflicten esa dualidade: no apartado narrativo aparecen escenas cotiás de Melchor, e no plano científico esquemas e pequenos dibuxos cargados de humor que incitan a fixarse mais nesta parte do corpo, cousa que consigueu comigo pois descalceime para ver os meus pés, e descubrir que teño uns pés perfectos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario