domingo, 30 de abril de 2017

UNA PALABRA NUEVA

·           Keselman, Gabriela (1997); ilust Cutting. EDITORIAL: Círculo de Lectores S.A.  (2-3 anos), [3 pp].

·           Breve descripción do formato e contido da obra

Trátase dun conto de tamaño pequeno, o material do que está feito e cartón groso, incluíndo as tres páxinas que o constitúen. Os cantos do libro son dous en ángulo recto e os outros dous de forma redondeada. As ilustración son coloridas e os personaxes son animais, a narración ocupa dúas, tres ou catro liñas dependendo da páxina.
O protagonista é un pitiño que está na escola cos seus compañeiros; a profesora dille aos seus alumnos que van aprender unha palabra nova e pitiño, que é moi impaciente, quere decila pero ao tentar facelo faise dano e os demáis animais axúdanlle. Xuntos descobren que a palabra nova é AMIGOS.





·           Potencialidades

É un recurso fácil de manipular para os nenos porque ten un tamaño pequeno, os debuxos son moi realistas e o mesmo tempo os animais están humanizados.
Un conto curto e con pouca letra o que fará que non perdan o fío da trama.
Polo seu contido é interesante para a mellora dos traballos en grupo e o compañerismo, os nomes dos animais e a afectividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario