Descrición
do formato e do contido da obra: Álbum ilustrado de formato cadrado, (20x20cm.), con cantos redondeados e
feito de cartón duro. Na cuberta
aparece o título e un bebé, cun caldeiro de plástico e unha pala.
As imaxes resultan de fácil comprensión para os máis
cativos e aparecen en todas as follas do libro. Trátase de ilustracións a toda
páxina. Nelas aparecen diversos obxectos que levamos con nos cando imos á
praia, como un traxe de baño ou unhas gafas de sol, ou ben cousas que podemos
atopar nela, como a area. Por riba de cada obxecto aparece o seu nome en francés.
Este é o único texto que veremos ao longo de toda a obra. Ademais dos obxectos,
tamén aparecen nenos ou nenas de
diferentes culturas xogando na praia.
En cada debuxo está incrustado un cacho do material do
que está feito o obxecto da imaxe, por exemplo, na primeira folla aparece unha
imaxe dunha toalla, (serviette en francés), e nesa folla hai incrustado un
cacho de tela da que están feitas as toallas de verdade.
Potencialidades:. Esta obra paréceme moi interesante para traballar en infantil, porque con ela o noso
alumnado aprenderá as súas primeiras palabras en francés, dunha maneira
sinxela e divertida, asociando cada obxecto co seu nome, ao mesmo tempo que
experimenta coas diferentes texturas das cousas, polo que se estimula tamén o
tacto. Tamén cabe destacar que neste libro poténciase dunha maneira indirecta a
inclusión e a diversidade de culturas, xa que os personaxes que aparecen nel son
nenas e nenos de diferentes etnias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario