Deneux,
Xavier (2016), Mi primer libro de
las estaciones, ilust Xavier Deneux, Madrid:Ed. Tourbillon, (3 anos), [12
pp.] (ISBN: 978-84-675-8353-3).
Breve
descrición do formato e contido da obra: álbum
ilustrado interactivo e con poucas e sinxelas palabras de tamaño
cadrado (19,5 x 20,6cm), con pouca voluminosidade e encadernado en
cartoné.
Na
cuberta podemos observar unha ilustración onde se representa a estación do
outono a través dun neno vestido cun chuvasqueiro e o seu xoguete, unha
tartaturga e con pingas de choiva en cor prateada. Aparece o título a obra, o meu
primeiro libro das estacións e na esquerda, atopamos un círculo onde se adianta
que é un libro de tacto. Na contracuberta, podemos observar de novo o título da
obra así como un debuxo representando cada unha das estacións ( un abeto, unha
folla, unha flor e un cubo cunha pala.
O
interior presenta sinxelas e representativas ilustracións en toda a páxina. En cada dobre páxina, atopamos
a dereita ao protagonista desta obra, un neno que sempre viste acorde a
estación do ano que se representa en cada dobre páxina. En dita vestimenta é
onde atoparemos o xogo das texturas, concretamente nas roupas utilizadas para a
parte superior do seu corpo. Na páxina esquerda, na parte superior esquerda
aparece o nome da estación do ano en
letras grandes e en negriña. Con isto, o autor quere resaltar a estación do ano
na que nos atopamos en cada dobre páxina. Debaixo do nome da estación descríbese
a característica principal da estación do ano da que se está a falar. No resto
da páxina distribúense debuxos das cousas que utilizamos na estación descrita e
ditos debuxos estarán sempre acompañados pola palabra que lle corresponde. Nas
primeiras catro dobre páxinas se describen as diferentes estacións do ano coa
anterior estrutura descrita pero na última dobre páxina atópase un xogo que
plantea o autor coa finalidade de reforzar os coñecementos adquiridos. Na
páxina esquerda está escrita “ O xogo das estacións” e de seguido, unha
pregunta lanzada aos máis pequenos da casa, ¿ A que estación corresponde cada
obxecto?, co obxectivo de que, os obxectos anteriormente representados en cada
estación sexan identificados polos nenos.
Potencialidades:
Trátase dunha obra que supón un primeiro e sinxelo
acercamento, a través de, tanto sinxelas e cotiás palabras como de imaxes, na
que o neno/a descubrirá as estacións e as súas características. É unha obra
destinada a iniciarse no descubrir do entorno que lle rodea, da natureza, neste
caso das estacións, podéndoo relacionar, recordar e comentar as situacións que o neno/a experimentara en cada estación do ano, por
exemplo, que fai cando está na praia en verán ou na neve en inverno.
Ademais,
coa presenza dos catro elementos táctiles
na roupa do neno foméntase a interacción entre o neno/a e o álbum, así
como se vai desenvolvendo máis dito sentido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario