domingo, 30 de abril de 2017

MARILUZ AVESTRUZ.

MARILUZ AVESTRUZ.


Chaundler, Rachel (2007), Mariluz Avestruz, ilust. Bernardo Carvalho, tradc. Marisa Núñez, Pontevedra: OQO, (+3 anos), [36pp], (ISBN: 978-84-96788-10-7).

Breve descrición do formato e do contido: trátase dun álbum ilustrado con encadernación en cartoné, formado por 36 páxinas  e tapas duras dun tamaño de 25x23cm  sen cantos redondeados.
Na cuberta aparece debuxado o personaxe principal, Mariluz avestruz, con cores moi vivos e nun fondo que representa a sabana africana onde tamén se pode apreciar ao lonxe que sae a súa amiga a cebra a cal lle axuda a sacar a cabeza.
Na contra cuberta continúa coas mesmas cores ca cuberta representando a sabana e a maiores só aparecen os logotipos e información da editorial.


O ilustrador portugués, Bernardo Carvalho, preséntanos unha narración visual que nos traslada á sabana africana, cunha posta en escena moi recoñecible para os primeiros lectores. Serigrafías en cores planas, trazo vivo e dinámico para crear uns personaxes divertidos e moi expresivos, cunha técnica directa e limpa.


Conta con bastante letra como podemos observar ao longo do conto, fai uso do  emprego dos diálogos entre os personaxes e tamén o uso de maiúsculas e negriña para captar máis a atención en determinados fragmentos, ata incluso en moitas palabras como por exemplo (¡Socorro!) están escritas en movemento. Tamén podemos observar o uso de encadeamento donde se repite o mesmo texto añadindo elementos (neste caso os animais).



 
Este conto relata a historia de Mariluz que era unha avestruz moi xoven a cal tiña unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dormía coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira… pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda. Polo que lle veñen axudar os seus pais e amigos. Primeiro axúdalle a súa nai, pero non hai resultado, logo o seu pai,  un antílope e por último unha cabra, e tirando con forza todos xuntos finalmente Mariluz Avestruz da sacado a cabeza do buraco e é moi feliz, aínda que esa noite para durmir decide non meter máis a cabeza no buraco.




Potencialidades: A través de este conto podemos traballar cos nenos e nenas a importancia que ten saber traballar en equipo, posto que nos mostra que ante unha situación na cal só unha persoa non era capaz de resolver o problema, en conxunto e coa axuda dos demais foi moito máis fácil de conseguir o obxectivo.
Tamén nos enseña a centrarnos nas cousas que realmente teñen importancia en non en outras que non a teñen, no conto temos o claro exemplo de que Mariluz aprendeu que a luz do día é moito máis importante que a súa fermosa cola e xa non esquecerá que só as avestruces papanas dormen coa cabeza acochada no chan.





Ningún comentario:

Publicar un comentario