Noel Toledo, María (2009), Ramiro e a marabillosa Molly, ilust. María Noel Toledo, trad. Eva Lozano Carpente, A Coruña: Editorial Primerapersona, [56pp.] (ISBN:978-84-95923-45-9).
Conten no seu interior unha chea de ilustracións, onde se combinan os debuxos coas imaxes en plastilina. Podemos destacar como recurso novidoso, o emprego dun texto que non manten a forma lineal ó longo da historia, senón que mistura diferentes tamaños e fontes nas palabras que a compoñen. Inclúe ademáis, ó final do libro, un novo CD con dous talleres creados pola autora, un de persoaxes e outro de saúde. O seu cometido é comprobar, tanto na casa como na escola que... ¡a saúde sí que é divertida!
A escritora e ilustradora María Noel Toledo co seu libro infantil “Ramiro e a marabillosa Molly” promove a saúde bucodental con esta entretida historia. Esta asombrosa muller estivo relacionada co mundo infantil dende a súa profesión de odontóloga, especializada en nenos e nenas e despois como docente de Arte. As ilustracións do libro están feitas pola propia María Noel, ademáis das figuras de plastilina das persoaxes que aparecen.
A historia cóntanos como na boca de Ramiro acontecen cousas asombrosas das que el nin se decata. Nun barrio do máis alborotado onde se escoitan ruidos, golpexos, cancións, tusidos, prantos, sopridos e estornudos, viven Coco, Tino e Bacilo, tres travesos e temibles bandidos comandados pola astuta e pegañenta Dona Placa. Entre todos planean invadir e atacar o barrio e á pequena Molly. ¡Raca, raca, triunfo de Dona Placa! berra Tino a viva voz. O xantar xa está listo, a festa xa comezou... todos bailan tango, salsa, candombe, chamamé e rock. Ramiro debe sabelo... ¡Temos que avisalo axiña para poder salvar a Molly! ¡Tal vez ti sí que poidas!
A autora contou que cando ainda traballaba como odontóloga, daba charlas en escolas explicando detalles sobre a hixiene bucodental e vía que si personificaba ás pezas dentais, ás bacterias, etc, os nenos comprendían o tema con maior facilidade. “Cualquier cosa que transformes en personaje, que ellos puedan darle un carácter, sea lo que sea, se vuelve algo que le prestan atención” comentou nunha entrevista María Noel. “Les dibujaba algo en el momento y me preguntaban cómo se llamaba ese bichito. Yo pensaba que si el que produce la carie se llama streptococcus mutans, se tenía que llamar Coco. Ahí fue surgiendo la idea del libro y los personajes. Todo lo que sucede en el cuento es absolutamente real. Los Cocos, que en el libro son bichos con pistolas de ácido, producen ácidos a partir de los azúcares de la boca”, engadíu noutro dos seus comentarios.
No libro, ademáis de Molly, aparecen Coco, Tino e Bacilo, que son microorganismos que nos danan; Serronciño, o primeiro incisivo; e Montaña Vermella e Sendeiro Rosado son a lingua e a enxiva, respectivamente.
Potencialidades: Como ben remarca a autora é de suma importancia que os nenos sexan conscientes da existencia desa moa, Molly, porque “es fundamental para toda la dentición, es una guía”. Toledo lembra que “si se pierde tempranamente por caries es un lío, porque le da equilibrio a la dentición, a la mordida”. “El motivo del libro es que conozcan a Molly”.
Por isto, entende que máis alá do que a historia conta cando nacen os primeiros dentes, hai que lembrar que viven bacterias na boca que poden resultar moi perxudiciais e por outra banda, nos beneficios que conleva empregar pasta dental con flúor, entre outras cousas.
A intención desta historia que pode resultar atractiva para nenos e nenas de calquera idade, reside na concienciación da importancia do coidado do noso corpo, e principalmente da boca e os dentes. A lectura por parte dos pais, axuda a que esta concienciación sexa compartida por toda a familia, pero tamen se convirte nun recurso de gran axuda para os mestres e mestras que queiran traballar o tema da saúde bucodental nas súas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario