Breve descrición do formato e
contido da obra:
libro de tapa dura, de 30x24cm, con ilustracións que acompañan a unha breve narración escrita en galego. Na cuberta preséntanse os protagonistas da historia: Crocodilo e Xirafa, a mesma altura. Así mesmo, presentase o título da obra e o autor desta. Na contracuberta aparece un breve resumo do relato.

Crocodilo e Xirafa están
namorados e deciden ir a vivir xuntos. O problema é que Crocodilo é baixiño e
Xirafa é moi alta, polo que Xirafa non colle na casa de Crocodilo, e a el
fáiselle moi grande a casa de Xirafa. Ambos buscan unha solución para atopar
unha casa axeitada.
Potencialidades: é unha historia que trata o amor,
a tolerancia e a aceptación das diferenzas a partir dunha parella un tanto
peculiar.
A base de intelixencia e humor, a
parella supera as dificultades que lles presenta a convivencia e constrúen unha
casa a súa medida. A principal ensinanza é que o amor non entende de diferenzas
e que todo pode ter unha solución.
A variedade cromática das
ilustracións fai que nos paremos a observar cada un dos detalles que se
presentan nelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario