sábado, 29 de abril de 2017

De verdad que no podía

Keselman, Gabriela (2001), De verdad que no podía, ilustr. Noemí Villamuza, Madrid, editorial: Kókinos, (+4 anos) [32 pp] (ISBN:84-88342-31-4)

81Eomb8epjL.jpg

Formato: trátase dun álbum ilustrado, de tapas duras e forma cadrada. O estilo das ilustracións é moi chamativo, os trazos en negro están moi marcados, as sombras dos debuxos contrástanse en líneas ou “punteados” tamén en cor negra. Na maioría das páxinas os personaxes non cambian moito a expresión facial. As cores son diversas, cun ton algo apagado pero que favorece a estética en xeral.

nopodia.jpgNoemi+V_2001_No+podia+(1).jpg

Contido: un neno chamado Marc non pode durmir por mais que el quere, pois ten moito medo. A nai intenta buscar moitas solucións, pero aínda así non pode durmir. Ó final a nai decide quedarse ó seu lado ata que o neno lle explique que é o que o asusta tanto, pero xa non é necesario: a presenza constante da súa nai fai que Marc se durma.


Potencialidades: é un bó recurso que trata o tema dos medos infantís e dos recursos que os pais poden utilizar. As relacións humanas, neste caso en concreto a relación nai-neno, vense ensalzadas nesta historia como a solución dos medos nocturnos; a compañía dos nosos seres queridos pode axudarnos en moitos momentos. Tamén é moi interesante a creatividade da nai buscando formas de axudar ó seu fillo.

1 comentario:

  1. Tamén pode axudar a ese momento evolutivo no que o neno se enfronta a dormir só e xorden nel inseguridades. Presenta unha estructura circular no que a tensión vai en aumento conforme avanzamos na historia.

    ResponderEliminar