Bielinsky, Claudia (2006), Uki y las estaciones, trad. Claudia Bielinsky, Madrid: Santillana Ediciones Generales, [20 pp.] (ISBN: 84-372-2430-6).

O libro mostra as estacións do ano e o que fai Uki nelas (ver exemplo da primaveira nas fotos), rematando despois destas co que Uki fai todas as noites do ano. As imaxes dan vida o pequeno texto que o libro ten, abundando as cores e mantendo a Uki na mesma posición ata as últimas dúas páxinas nas que aparece na cama tumbado.
Potencialidades. Este libro permítenos traballar as diferentes estacións do ano prestando atención ós cambios que se dan na natureza, os distinto fenómenos metereolóxicos característicos e a indumentaria e forma de vestirse de cada unha delas. Para todo isto emprega elementos coñecidos para ós nenos e
unha linguaxe sinxela. Máis que unha historia son accións que fai o protagonista pero que seguen o fio conductor das estacións do tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario