Jeffers, Oliver (2012), Atrapados, ilustr. Oliver Jeffers, Fondo de Cultura Económica, col. Especiales de la Orilla del Viento, (3 a 6 anos), [32 pp], (978-60-716-0806-2).
Breve descrición do formato e contido da obra: este libro, pertence a colección “Especiales de la orilla del viento”. Respecto o seu formato é pequeno, de forma rectangular común e os cantos acabados en punta. En canto a cuberta ten o fondo verde e atopamos o personaxe principal chamado Floyd, unha árbore e nas súas ramas o título do libro, dalgunha maneira dando pistas, como na maioría dos libros, o desenvolvemento do conto. A contra cuberta vai ligada a cuberta xa que podemos encontrar o mesmo ton verde. As imaxes e o texto son sencillas, sen moito colorido de fondo e moito colorido os obxetos que aparecen no conto para darlle importancia.
Este relato, cóntanos que Floyd estaba xogando tranquilamente cunha cometa, a cal queda atrapada nunha árbore frondosa, e aí é onde empeza todo o seu problema, para resolvelo, Floyd tíralle de todo a árbore para conseguir a seu xoguete sen axuda de ningún adulto. O final, Flyd obten a cometa pero o resto das cousas quedan atrapadas.
Potencialidades: este relato ten unha aprendizaxe fundamental, que é a capacidade creativa e imaxinativa que teñen as nenas e os nenos, o que ás veces os adultos non entendemos, e cortamos a súa autonomía, pensando que non son capaces de facer moitas cousas das que sí son capaces. Polo que, non debemos perder a oportunidade de fomentar o pensamento diverxente, a creatividade e a imaxinación, e con este conto favorecemos todas estas cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario