Amosando publicacións coa etiqueta a imaxinación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a imaxinación. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de maio de 2020

Coas mans baleiras




Tortosa, Ana (2010): Coas mans baleiras, ilust. Cecilia Varela, trad. Laura Rubio. Pontevedra: OQO, [36 pp.]. (ISBN 978-84-9871-237-7)


Descrición do formato e contido: álbum ilustrado de lectura convencional. No seu formato físico (cuxas dimensións son: 25x23 cm) ten unha cuberta de tapa dura onde figura na parte superior o título do conto, os nomes da autora Ana Tortosa e a ilustradora Cecilia Varela na parte inferior esquerda e na inferior dereita o nome da editorial OQO. Na ilustración da cuberta podemos apreciar unha rapaza enriba dun tentáculo dun polbo agarrada a temón. Ela ten unha expresión alegre e sorrinte. O fondo da ilustración é dunha cor azul celeste semellando un ceo descuberto nun día soleado, estas cores fannos sentir calma e tranquilidade. O temón que suxeita a nena e os tentáculos do polbo indícanos que non está capitaneando un barco, posto que o temón está só, o que remite cara a un sentido simbólico. Nas gardas aparecen con ilustracións de tentáculos, que desta vez suxeitan outras cousas, como un gato negro ou un acordeón. Na portada aparecen de novo tentáculos suxeitando unha pipa de fumar, da cal saen diferentes letras. Na páxina de títulos de crédito figuran os nomes das autoras do conto, ilustracións e tradución, así como tamén o nome da editorial e a data da publicación, xunto con dúas dedicatorias, unha da autora: “Para ti, que me enches as mans…” e outra da ilustradora: “A todos os polbos e gatos”. Na ilustración central nesta ocasión o polbo suxeita unha cunca de café cun peixiño saltando nela. O fondo destas dúas páxinas da portada é dunha cor amarela moi suave. 
O texto e as ilustracións que se presentan son debuxos realistas en cores suaves. En todas as páxinas están presentes dúas personaxes que acompañan a nena protagonista, Alba, que son o polbo e un gato negro. O texto que atopamos acompañando as ilustracións son frases sinxelas e moi breves, pero cunha gran forza e carga emotiva. 
Este conto é unha conversa entre Alba e un narrador omnisciente que vai relatando a historia de Alba e a busca dun agasallo para o aniversario de Mario. Un día Alba é convidada ao aniversario de Mario e ela quere atopar un agasallo para non ir coas mans baleiras. Polo camiño busca algo que lle poida gustar ao seu amigo… Pero decátase de que todo o que se lle ocorre el xa o ten, polo que chega á súa casa e non ten ningún regalo para Mario ou iso pensaba ela. Porén, o seu amigo explícalle que o mellor regalo é ela e a súa compañía nunha data tan especial. 


Potencialidades: A lectura desta obra permítenos abordar temas coma o materialismo, a imaxinación, a natureza e a amizade. Ao longo do conto vanse dando pistas sobre como é Mario, grazas aos regalos que se lle ocorren a Alba, “E se lle levo auga de mar?” “Non, iso xa o ten, porque está nos seus ollos”, os nenos e nenas poden imaxinarse como podería ser Mario a través destas descricións, nas que se comparan os elementos presentes na natureza con características de Mario e a súa personalidade. Nestas páxinas atopamos un elemento sempre presente, o mar, e moitas referencias mariñeiras. É importante destacar o personaxe do polbo xigante que aparece ilustrado, referencia moi característica de lendas mariñeiras, pero neste caso non se representa coma unha besta feroz, senón que é amigo da protagonista e a acompaña na súa historia, cunhas ilustracións que axudan a humanizar a este personaxe, ofrecendo así unha imaxe tenra e amigable. Tamén é unha referencia característica o outro personaxe que acompaña a Alba, o gato, característica que tamén fai referencia ao mundo mariñeiro, xa que ata non fai moito os mariñeiros levaban sempre a bordo algún gato para axudarlles a controlar os ratos. No final do conto ofrece unha visión moi importante sobre o tema do materialismo, que se contrapón á afectividade e á amizade, como recoñece Mario, quen representa a experiencia das persoas maiores, o que incide tamén na valoración dos anciáns. 

Traducións a outros idiomas e premios:
Este álbum ten edición en lingua castelá, galega, portuguesa, francesa e inglesa

Distinta




Valencia, Beto (2019): Distinta, ilust. Sofía Zapata Ochoa (Sozapato), trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka, col. Demademora [36 pp.]. (ISBN:978-84-8464-440-8)


Descrición do formato e contido: álbum ilustrado de lectura convencional que foi finalista do X premio internacional Compostela de álbum ilustrado. Conta cunhas dimensións de 22x22 cm e cunha cuberta de tapa dura na que figura o título da obra na parte superior. A disposición do título propicia que poida pasar desapercibido para a nosa mente, por facer unha lectura moi rápida e visual, pero se nos fixamos ben atopamos algo que non está como normalmente o atopamos: o “N” do título está do revés, coma se lle deran a volta ou coma se fose un “N” distinto. Isto podería ser unha pista e un bo recurso para imaxinar como pode ser o conto. Xusto enriba do título atópanse os nomes do autor do texto Beto Valencia e da ilustradora Sofía Zapata Ochoa (Sozapato). Na ilustración da cuberta atopamos unha nena sorrinte que semella estar moi feliz e alegre. Parece que ten os ollos pechados, coma se estivese soñando esperta. Ao redor da nena podemos observar uns peixes de fermosas cores, todos diferentes en cores, tamaño e forma. A nena ten o pelo coma se lle estivese voando ou coma se ela mesma estivese voando, impulsada por todos os peixes que a acompañan. No fondo desta ilustración, ocupando todo o fondo da cuberta, preséntase unha cor turquesa que semella a cor do mar. Nun dos lados, concretamente na esquina superior dereita, encóntrase un pequeniño barco de papel en posición vertical que nos convida a usar a imaxinación e a experimentar coa imaxe, ladeando o libro e colocando o barco en posición horizontal, o que colocará a nena tamén nesa posición e deixará de dar a sensación de que está voando para simular que está sendo levada polos peixes no mar.
As gardas presentan unha gran cantidade de caixas, todas elas moi diferentes: grandes, pequenas, con tapa, sen tapa, con raias, sen elas… e de moitísimas cores. Estas ilustracións das caixas poderían ter certa similitude coas persoas, todas somos diferentes en moitos aspectos, tamén na nosa forma de pensar. E cada caixa agocha nela unhas ideas distintas e unha imaxinación diferente, exactamente igual que pasa coas nosas mentes. A portada conta cun fondo branco, os datos da cuberta (de novo co título da obra DISTINTA co N do revés) e unha ilustración da nena, agora dentro do barquiño de papel, cunha expresión alegre e feliz. Ten os brazos moi estirados e abertos, dando unha sensación de liberdade e un sentimento de estar a gusto. Nun dos lados do barquiño encóntrase pousada una bolboreta de grandes ás. 
No interior as ilustracións ocupan toda a páxina e presentan unha nena, que agora sabemos que se chama Lúa, cunha expresión triste, aburrida e desganada. Lúa observa dende o seu balcón unha cidade chea de edificios sombríos e xente inexpresiva mirando para a televisión. Lúa é a única persoa que está no balcón. Na parte inferior das páxinas atópase o texto do conto, sobre fondo branco, conformado por frases moi breves e sinxelas, onde nos presenta o que lle pasa a Lúa. Ela séntese distinta e o narrador vainos explicar porqué. Ao pasar a páxina seguinte as ilustracións seguen a mesma liña, pero cando pasamos a quinta páxina todo cambia: as ilustracións agora teñen cores vivas e cálidas e Lúa está feliz, porque ese nivel é o da súa imaxinación. A transición fixo que agora o texto xa non se atope fóra das ilustracións, senón que forme parte delas. A partir deste momento prodúcese unha constante contraposición entre as ilustracións referidas á realidade e á imaxinación.


Potencialidades: a lectura desta obra propicia múltiples posibilidades para traballar con nenos e nenas, pois a historia de Lúa podería ser a de calquera neno ou nena que sinta que non pensa coma os demais ou que se sente fóra de lugar no sobrio mundo das rutinas dos adultos. Tamén é importante recoñecer ese gran privilexio e valor que é a imaxinación, non só na etapa infantil, senón durante toda a vida, pois temos a capacidade de imaxinar un mundo totalmente diferente nas nosas mentes. É por iso que unha das potencialidade desta obra é a da diferenza, a de ser capaces de ver o lado bo das cousas e non deixarnos levar por algo que non nos gusta ou unha situación que non nos apetece, senón ser capaces de tentar sacar sempre o positivo da cada situación que se nos presenta no día a día. Por exemplo ao comezo do libro podemos ler a primeira frase que nos amosa como é iso de ver o lado positivo da vida: “Cada día, mentres uns se queixan por ter que madrugar…,a ela encántalle erguerse cedo para escoitar os segredos que murmuran as nubes da mañá”. As ilustracións desde conto representan outro gran recurso que podemos empregar cos nosos alumnos e alumnas, polas múltiples lecturas que propician e a súa capacidade de suxestión.

xoves, 23 de abril de 2020

Un bicho extraño




Daporta, Mon (2009), Un bicho extraño, ilust. Oscar Villán, trad. Chema Heras, Vigo: Faktoría K de libros, (+3 anos), [14 pp.]. (ISBN: 9788496957671).

Descrición do formato da obra: trátase dun álbum ilustrado cun tamaño de 18x22 cm, unha encadernación de tapa dura e esquinas redondeadas. A cuberta é gris e nela podemos observar o título con letras grandes e brancas nun fondo negro, acompañado de dúas imaxes dun animal; na contracuberta, aparece un rabo longo en proporción ao animal que se atopaba na cuberta. 
Con respecto á tipografía, a letra está en maiúsculas e é bastante grande, o que a fai máis lexible para os nenos/as. O feito de que teña frechas que vaian indicando por onde hai que seguir a lectura, convérteo nun álbum aínda máis fácil de ler e manipular. É un texto que está escrito en verso e é rítmico, o que anima a seguir a lectura e a memorizala. Empréganse palabras familiares, sinxelas e nalgunhas ocasións repítense. A estrutura deste conto é circular, xa que empeza e termina no mesmo punto, de modo que se podería ler infinidade de veces. Esta característica fai peculiar esta obra e chama aínda máis a atención dos cativos. Podemos consideralo un libro-xogo, xa que o eixe central é unha historia sen fin, é dicir, un conto que non se termina nunca de contar xa que o seu final está conectado co seu principio.

Dende o punto de vista do contido, nada máis empezar a obra, comezamos observando un bicho moi raro, parece un ovo. Segundo imos avanzando as páxinas, iremos vendo como lle aparecen mans, nariz, rabo ou orellas. Ao chegar ao final da historia, a obra convídanos a virar o libro e seguir lendo o texto para deconstruír a caracterización do animal que acabamos de coñecer: un rato. Unha vez que viramos o libro poderemos ler todas aquelas liñas que antes nos aparecían boca abaixo. Así o que semellaba un ovo e se converteu nun rato, agora vai perdendo todos os atributos por mor dun raio que caeu e do susto foi perdendo partes ata quedar como o vimos ao principio.
As ilustracións son absolutamente necesarias e moi atractivas (aínda que non sexan moi coloridas), xa que reflicten o relatado no texto. Non é unha obra que chame moito a atención a primeira vista polos tons apagados e a aparencia estática do elemento central de forma redondeada que é primeiro un ovo e despois un rato. 

Potencialidades educativas: a lectura desta obra permítenos traballar diferentes aspectos como as partes do corpo, os diferentes tamaños, os fenómenos meteorolóxicos etc. A linguaxe sinxela favorece que os nenos/as adquiran dunha maneira mais fácil os coñecementos. A obra axúdanos a aumentar a nosa imaxinación e creatividade ao ter que adiviñar quen pode ser o animal, este segredo non se resolverá ata o final do libro. Isto acaba influíndo na incerteza dos cativos/as e aumenta o desexo de seguir lendo e manipulando o libro.

Recursos educativos:
Vídeos da narración da historia en castelán: https://www.youtube.com/watch?v=Qu2VJi84t4A (consultado o 21/04/2020)
Vídeos da narración da historia en castelán con diversos recursos: https://www.youtube.com/watch?v=1nWQHTyBoPs (consultado o 21/04/2020)

martes, 31 de marzo de 2020

Un agasallo diferente



AZCONA, Marta (2018). Un agasallo diferente. Ilust. Rosa Osuna, trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka Editora, 40 pp. (ISBN: 978-84-8464-527-6).

Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado cunha cuberta dura e resistente. A súa forma é cadrada cunhas dimensión de 22x22. Na cuberta, debaixo do título da obra, aparecen os personaxes deste álbum ilustrado cun agasallo de color vermello que chama a atención e vai ser o centro do desenvolvemento da historia. Na primeira folla aparecen os datos correspondente á ficha bibliográfica; a seguinte é a portada na que aparece o título da obra en cor negro cunha tipografía de tamaño axeitado e un anaco de tea azul que nos dá unha pista moi importante do que se vai tratar na historia.

As ilustracións son de grande importancia, xa que as imaxes predominan sobre o texto. Son estas as que reflicten o que ocorre ao longo da historia. A través do relato visual, os lectores comprenden mellor a historia e entenden o que está pasando. As ilustracións non son reais pero si se corresponden coa realidade. Parecen realizadas con acuarelas, nas que predominan os tons grises e azuis. A tipografía ten un tamaño adecuado, sen ser excesivamente grande ou pequena. A súa cor negra destaca sobre o fondo cunha letra fácil de entender. O texto está composto por frases breves e sinxelas que acompañan a ilustración correspondente; a linguaxe tamén é comprensible e sinxela para a infancia e asenta nunha estrutura lineal de secuencias repetitivas e rítmicas. Por outra parte, pódese observar como as dúas primeiras páxinas conteñen texto e a partir destas intercálanse unha páxina con texto e outra sen el.

Dende o punto de vista do contido, nárrase a historia de dous amigos que están a celebrar o aniversario dun deles. Tristán levoulle un regalo a Marcel e sorprendeuse ao darse conta de que se trataba dunha tea a cadros. Marcel preferiría unha buxaina. Ao longo da obra aparecen distintas situacións nas cales os dous amigos botan man do regalo de Marcel, dándose conta da cantidade de posibilidades que lle brinda. Ao final da historia móstrase como Marcel se decata de que lle gusta máis este agasallo que a buxaina que desexaba de inicio.

Potencialidades: Coa lectura desta obra pódense abordar distintos temas, como a importancia da amizade dos dous rapaces, a creatividade e imaxinación dos nenos, a reciclaxe mediante a exposición dos usos que lles brinda a tea e incluso a humildade que supón o agasallo de Tristán. A isto pódese engadir a interiorización de valores como a cooperación, agradecemento e humildade.


Recursos de interese:

AidaLaut (2019). Un regalo diferente. Cuento cantado [Arquivo de vídeo].Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=F6RT7ULbDm8 Trátase dunha reprodución do conto en forma de canción .

Andrea, C. (2019). Un agasallo diferente [Arquivo de vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=7NandhJED_Q Trátase dun vídeo onde se representa a obra con debuxos sobre un encerado, contada por varias voces.

Bibliocova (2017). Un agasallo diferente [Arquivo de vídeo]. Recuperado de https://vimeo.com/220696117 É a obra contada por nenos de catro anos. 

Leoteca (2005) Un agasallo diferente. España: Leoteca. Recuperado de https://www.leoteca.es/libro/Un-agasallo-diferente/9788484645276

Vázquez, C (2018). Un agasallo diferente. [Mensaxe nun blog] Recuncho da lectura.Recuperado de http://recunchodalectura.blogspot.com/2018/02/unagasallo- diferente-azcona-marta-2014.html

domingo, 29 de marzo de 2020

Me llamo Pecas



Díaz, Raquel (2018). Me llamo Pecas, Madrid: Editorial Nubeocho, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-17123-26-0).

Descripción del formato y contenido: Álbum ilustrado de Raquel Díaz Reguera cuya temática es la igualdad de género en los juguetes, en la ropa e incluso en las costumbres. Este libro ayuda a que los lectores se percaten de las discriminaciones que suceden hoy en día en cuanto a los gustos de cada sexo, mostrando la impotencia de muchos niños/as, e incluso adultos, ante la presión social y mediática de modelos sexualizados. Pecas reflexiona acerca de los límites y parámetros de una sociedad que define los gustos, necesidades y preferencias que tiene una persona según su sexo.Desde el punto de vista formal, se trata de un álbum ilustrado de tapa dura, en formato cuadrado 230 x 230 mm. En la cubierta podemos ver la mitad de la cara de Pecas con su mirada al frente y con un fondo amarillo que contrasta con su pelo oscuro. En la contracubierta aparece la imagen de los pies de tres personas distintas, una en la parte izquierda, otra en el centro y otra en la parte derecha, cubriendo la doble página. Los tres pies son iguales, utiliza la misma imagen al final del libro, queriendo hacer las siguientes preguntas: ¿Qué pies son de chica y cuáles son de chico? ¿Acaso no son iguales?
Desde el punto de vista del contenido, este álbum presenta la historia de un niño/a llamada Pecas el/la cual se hace la siguiente reflexión ¿por qué hay cosas para niños y otras para niñas? El/la protagonista no tiene identidad de género, con esto la escritora quiere que cada lector lo interprete como quiera. La/el protagonista no entiende ese estereotipo, le gustaría saber quién marcó esas pautas que relacionan al sexo masculino con unas cosas y al sexo femenino con otras. Va preguntando a todo el mundo el porqué, pero nadie sabe qué contestarle.
El texto cuenta con un narrador heterodiegético que presenta a el/la protagonista, introduce el conflicto y cierra la historia, de estructura cuadricular y con encadenamientos. Los personajes se caracterizan por el estilo infantil y el/la protagonista destaca por ser un personaje inconformista e inteligente.
Utiliza frases cortas, repetitivas y directas en diferentes situaciones que sirven de apoyo a las ilustraciones realistas que utiliza, cuya disposición es de doble página en momentos importantes de la historia.
Se utilizan escenas sencillas, pero con cierta emotividad, marcadas por colores como el rojo, naranja, verde, azul. Las imágenes suelen orientarse hacia el lado en el que se muestra el texto, por lo tanto, no nos indica el orden en el cuál seguir la lectura del álbum.

Potencialidades educativas: La lectura de este álbum contribuye a reflexionar sobre la existencia de ciertos estereotipos en la sociedad, también ayuda a comprender los gustos de cada persona y la necesidad de aceptarlos para acabar con las limitaciones que tienen éstos.Tratar esta temática es fomentar una educación en igualdad y respeto. Hay que dejar que los niños/as sean libres en sus decisiones y que respeten al resto de sus compañeros/as según sus gustos. También se pueden trabajar las emociones con las ilustraciones que se utilizan (amor, alegría, sorpresa, tristeza, etc.). Este álbum también contribuyea la adquisición de una mayor competencia en la lectura visual a través de las ilustraciones sencillas y concisas que utiliza.

Recursos educativos:
Narración apoyada por imágenes del álbum en: https://www.youtube.com/watch?v=VqWZPp0dUh8
Versión animada de la obra: https://www.youtube.com/watch?v=Y5DVWcZqPQc
Versión de la obra por alumnos/as de un centro educativo https://www.youtube.com/watch?v=EgnHoh9yg24
Narración apoyada por imágenes del álbum en: https://www.youtube.com/watch?v=-afbTkhsXfk


xoves, 13 de abril de 2017

Orellas de bolboreta

 Luisa Agiar ,(2007),Orejas de mariposa,ilus.André Neves Sevilla:Kalandraka,col.Contos para soñar[32pp] ISBN:9788496388727




Breve descrición do formato e contido da obra:  Libro ilustrado, de pouco volume,con forma cadrada (20x20cm).Consta dunha cuberta e contracuberta. Na cuberta ,preséntasenos a unha rapaza de cabelos rizos mirando unha bolboreta de cor azul,ao seu  fondo, aparecen unhas flores  cun cartel co nome da editorial do libro.O título aparece no centro, e a autora e o ilustrador no encabezado, a man esquerda. Postumamente,ao abrir o libro, vemos unhas gardas onde se nos amosa un debuxo dun banco nunha noite estrelada ,pasando a grosa folla atopamonos coa  portada onde aparece un debuxo dunhas casas antigas ,coloreadas  con cores moi apagadas,e abaixo as referencias do libro.Acto seguido vemos a narración do conto e a súa beira  as  ilustracións da protagonista,a cal se enmarca en cores tristes e apagadas para transmitirlle un maior sentimento de tenrrura ao seu lector,xunto cos pesonaxes secundarios:Os compañeiros de clase,e a súa nai.   Unha vez dito isto,podemos falar de que a historia xira a redor de Mara,é unha rapaz soñadora e alegre pero ao problema que ten é que os seus compañeiros de escola metense con ela,primeiro dinlle que é unha orellotas e tan disgustada do que lle dixeron decide volta a casa e preguntarlle a súa nai se é verdade que ten orellas grandes pero a resposta de súa nai e que ela ten orellas de mariposa que revolotean na súa cabeza e pintan de cores as cousas feas,logo os nenos metense con ela polo seu pelo pero ela respóndelle  que o seu pelo é como o céspede recén cortado,despóis metense coa súa forma de vestir dicíndolle que leva un mantel pero ante iso ela respóndelle que é para xogar o axedrez,logo van a seguir co calcetín que está roto ,cos zapatos vellos , cos libros vellos,o ruxir das tripas,coa súa altura e logo retorna o principio onde lle volven a repetir que é unha orellotas é que non o negue e ela di que nono vai negar pero que a fin de contas non lle importa porque se acepta así mesma tal e como é. 

 Potencialidades: é un libro que nos trata de ensinar a non meternos cos demáis polo seu aspecto físico(cando se burlan de Mara polas súas orellas grandes,o seu pelo rizado,e a súa gran altura ),a súa forma de vestir(a falda,os calcetíns,os zapatos),o uso de obxetos usados(o libro) e o ruxir das súas tripas .Ademáis diso, destaca a forza de vontade por superar as adversidades dunha forma positiva(cando Mara lle responde a cada unha das súas burlas de forma positiva e imaxinativa ) ,a alta autoestima,a capacidade de ver o lado positivo das cousas,a imaxinación (orellas de bolboreta,pelo como ocespede recén cortado,a saia como un mantel para xogar o axedrez,o calcetín roto como un dedo xoguetón,os zapatos vellos que son zapatos viaxeiros,os libro en mal estado que responde que mil mans o teñen acariciado,o ruxir das súas tripas como unha orquesta sinfónica,coa súa altura di que se se pon de puntillas pode acariñar a lúa )a ser independente e non deixarse manipular polos demáis,a aceptarse así mesmo,por último decir que é un libro circular xa que retorna o punto de partida onde todo empezou ,nesto observámolo porque no comezo dinlle a Mara -orellotas- e ela responde con que son orellas de bolboreta mentres que, no final vólvenlle a dicir o mesmo, soamente que, desta vez ela recoñece que si que é unha orellotas pero que lle da igual.