AZCONA,
Marta (2018). Un agasallo diferente.
Ilust. Rosa Osuna, trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka Editora, 40
pp. (ISBN: 978-84-8464-527-6).
Descrición do formato e o
contido: álbum ilustrado
cunha cuberta dura e resistente. A súa forma é cadrada cunhas dimensión de
22x22. Na cuberta, debaixo do título da obra, aparecen os personaxes deste
álbum ilustrado cun agasallo de color vermello que chama a atención e vai ser o
centro do desenvolvemento da historia. Na primeira folla aparecen os datos
correspondente á ficha bibliográfica; a seguinte é a portada na que aparece o
título da obra en cor negro cunha tipografía de tamaño axeitado e un anaco de
tea azul que nos dá unha pista moi importante do que se vai tratar na historia.
As ilustracións son de grande importancia, xa que as
imaxes predominan sobre o texto. Son estas as que reflicten o que ocorre ao
longo da historia. A través do relato visual, os lectores comprenden mellor a
historia e entenden o que está pasando.
As ilustracións non son reais pero si se corresponden coa realidade. Parecen
realizadas con acuarelas, nas que predominan os tons grises e azuis. A
tipografía ten un tamaño adecuado, sen ser excesivamente grande ou pequena. A
súa cor negra destaca sobre o fondo cunha letra fácil de entender. O texto está
composto por frases breves e sinxelas que acompañan a ilustración
correspondente; a linguaxe tamén é comprensible e sinxela para a infancia e
asenta nunha estrutura lineal de
secuencias repetitivas e rítmicas. Por outra parte, pódese
observar como as dúas primeiras páxinas conteñen texto e a partir destas
intercálanse unha páxina con texto e outra sen el.
Dende o punto de vista do
contido, nárrase a
historia de dous amigos que están a celebrar o aniversario dun deles. Tristán
levoulle un regalo a Marcel e sorprendeuse ao darse conta de que se trataba
dunha tea a cadros. Marcel preferiría unha buxaina. Ao longo da obra aparecen
distintas situacións nas cales os dous amigos botan man do regalo de Marcel,
dándose conta da cantidade de posibilidades que lle brinda. Ao final da
historia móstrase como Marcel se decata de que lle gusta máis este agasallo que
a buxaina que desexaba de inicio.
Potencialidades: Coa lectura desta obra pódense abordar distintos temas, como a importancia da amizade dos dous rapaces, a creatividade e imaxinación dos nenos, a reciclaxe mediante a exposición dos usos que lles brinda a tea e incluso a humildade que supón o agasallo de Tristán. A isto pódese engadir a interiorización de valores como a cooperación, agradecemento e humildade.
Recursos de interese:
AidaLaut (2019). Un regalo diferente.
Cuento cantado [Arquivo de vídeo].Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=F6RT7ULbDm8
Trátase dunha reprodución do conto en forma de canción .
Andrea, C. (2019). Un agasallo
diferente [Arquivo de vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=7NandhJED_Q Trátase dun
vídeo onde se representa a obra con debuxos
sobre un encerado, contada por varias voces.
Bibliocova (2017). Un agasallo
diferente [Arquivo de vídeo]. Recuperado de https://vimeo.com/220696117 É a obra
contada por nenos de catro anos.
Leoteca (2005) Un agasallo
diferente. España: Leoteca. Recuperado
de https://www.leoteca.es/libro/Un-agasallo-diferente/9788484645276
Vázquez, C (2018). Un agasallo
diferente. [Mensaxe nun blog] Recuncho da lectura.Recuperado de http://recunchodalectura.blogspot.com/2018/02/unagasallo- diferente-azcona-marta-2014.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario