martes, 31 de marzo de 2020

Monstruo Rosa


Dios Ruiz, Olga de (2013), Monstruo rosa, ilust. da autora, Zaragoza: Apila Ediciones, [36 pp.]. (ISBN: 978-84-939736-4-3).
Breve descrición do formato e contido: O álbum ilustrado que se presenta está encadernado en cartoné e cunhas dimensións de 25x23 cm. A cuberta forma unidade coa contracuberta, confiturando ambas a recreación do lugar onde naceu Monstruo Rosa. Na cuberta aparece na parte superior e en grandes dimensión o título en cor rosa, a vogal “o” representa o ovo do monstruo antes de nacer, debaixo móstrase o nome da autora e Monstruo Rosa sorrindo, mentres porta na man a súa casa que é máis pequena ca el; na contracuberta preséntase o lugar onde vive Monstruo Rosa, con varias casas e árbores do resto de habitantes, o fume das chemineas forman na parte superior unha nube, dentro da que aparece unha pequena explicación da obra. A isto hai que engadir un arco da vella no vértice superior esquerdo da cuberta que aparece tamén no oposto da contracuberta. As gardas iniciais aparecen cun fondo de cores rosas e brancas, ademais dunha dedicatoria: “este cuento está dedicado a todas las personas que alguna vez se han sentido Monstruo Rosa”, mentres que na final aparecen baixando por unha montaña o resto das persoas que vivían co Monstruo Rosa.
As imaxes do interior son todas a dobre páxina, menos unha. As primeiras páxinas aparecen sobre fondos brancos, o que fai que resalten o protagonista, dando paso a moitas cores cando marcha en busca doutro lugar. Salientan tamén polos pequenos detalles en forma de debuxos, que constitúen un mundo imaxinario que nos chama moito a atención. Desde o punto de vista do contido, nárrase a historia de Monstruo Rosa, un ser que vive nun mundo onde todo era de cor branca. Aínda que el era diferente a todos os demais, sempre está alegre e tenta integrarse. Porén, un día decide emprender unha viaxe en busca doutro lugar. Ese lugar aparece ante el poboado de seres diferentes e decide quedar a vivir alí.

Potencialidades educativas: Esta obra é unha recomendación para traballar a diversidade cos máis pequenos. Hai que ensinar a respectar aos demais por moi diferentes que sexan, porque podemos aprender novas experiencias. Tamén hai que axudar a que ninguén se sinta desubicado por ser distinto e intentar que se atope a gusto, como Monstruo Rosa, que encontrou un lugar onde todos e todas eran diferentes, pero moi felices. É moi importante saber empatizar e aceptar os demais. Non debemos fuxir dos problemas, senón buscar as respostas a eles coma Monstruo Rosa.
Recursos de interese:
 [¿Me lo crees?]. (2016, 22 de febrero). “Monstruo Rosa” de Olga de Dios. Recuperado de  https://www.youtube.com/watch?v=AC84zACRKic (27/03/20)
Eva María, B. (2014, 8 de noviembre). Monstruo Rosa. [Mis cositas de infantil]. Recuperado de  http://miscositasdeinfantil.blogspot.com/2014/11/monstruo-rosa.html (27/03/20).
Amaia, C. (2018, 29 de maio). MONSTRUO ROSA. [Cuentos en la nube]. Recuperado de  http://miscositasdeinfantil.blogspot.com/2014/11/monstruo-rosa.html (27/03/20).


1 comentario:

  1. Esta obra paréceme moi interesante para traballar cos nenos e nenas o tema da diversidade e da integración. É moi importante explicarlle aos nenos e nenas que aínda que sexamos de diferente raza ou teñamos algunha diferenza todos somos iguais e podemos ser felices todos xuntos, ao igual que lle pasa ao monstruo rosa.

    ResponderEliminar