mércores, 25 de marzo de 2020

Ler é...



Ler é emprender unha viaxe.
Ler é facer descubertas inesperadas.
Ler é errar por mundos imaxinarios.
Ler é atopar(nos) en cada recuncho.
Ler é imaxinar.
Ler é vivir moitas vidas.

(Re)tomamos un camiño de lecturas.

No punto de arrinque este traballo que nos uniu ao redor do Día de Rosalía 2020.
O seu poema "Airiños, airiños, aires" levounos en nubes de ilusións.
Dende hoxe guiará os nosos pasos ao redor dos libros
nun tempo de inquedanza e traxedia,
nun tempo no que faremos da lectura o antídoto contra o decaemento! 




Vídeo realizado por Alberto Pereiras Pena; participa alumnado de Educación Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias de Educación de Ourense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario