Neira Cruz, Xosé A. (2009). A avoa Encarna fai niño, ilust. Noemí López, A Coruña: Everest
Galicia, col. Rañaceos, (+6 anos), [48 pp.]. (ISBN: 978-84-4031-106-1).
Breve descrición do formato e
contido: álbum ilustrado de formato mediano e rectangular con tapas
duras con texto de Xosé Antonio Neira Cruz e ilustracións de Noemí López. Na cuberta aparece o título, o nome do autor e da
ilustradora, así como unha ilustración que amosa un ceo cheo de paxaros, nunha
aldea do rural galego, e un señor maior mirando as aves con ollos de tristura
mentres sostén a unha meniña. Semella que a pequena quixera alcanzar a un
paxaro. Na contracuberta aparece un breve resumo da obra e a ilustración dunha
paisaxe cun ceo cheo de paxaros, nubes e árbores.
No interior, o texto convive con ilustracións en ocasións de
grandes proporcións, conformando unha nova historia visual que alterna a
metáfora do paxaro con grandes planos figurativos de enorme forza expresiva.
Aparecen referencias a elementos da cultura tradicional galega, como os carros,
zocas, sachos ou tarefas do campo: coidar das vacas, moer o millo para as
galiñas, sachar, tecer…
Dende o punto de vista do contido, este conto relata a historia da avoa Encarna que naceu e viviu como un paxaro. De pequena, brincaba como un pimpín; máis grande, semellaba unha fermosa andoriña, cando creceu máis converteuse en rula, que só se namoran unha vez na vida, como ela que namorou de Plácido. Pasoulle a vida nun soplo. Un día Encarna mirouse ao espello dos ollos da súa neta e decatouse de que xa era avoa. Cando a avoa Encarna enfermou levárona a un hospital, do que fuxiu por unha ventá facer un niño nunha árbore, metáfora coa que se define a morte. A lembranza viva dos que a queren configúrase ao redor da idea de que agora é unha merla guapa e cando canta todos en casa saben que a avoa encarna regresou.
Potencialidades: con este conto podemos ensinarlle aos nenos/as as diferentes etapas da vida, dende que nacemos ata que nos facemos maiores, na que a avoa en cada unha delas é un paxaro diferente. Elixín este conto porque penso que a morte é unha realidade difícil e tratar pero moi importante na vida das persoas, malia que na sociedade actual non está presente ata que non hai un suceso próximo ao neno/a. Paréceme que así se trata dunha maneira menos dolorosa. Por iso é conveniente estar preparado/a, porque cando un neno/a pregunta é preciso darlle unha resposta. Unha vía para facelo é ler este conto, no que a morte é vista desde unha perspectiva fantástica e moi sensible, o que evita facerlle dano.
Paréceme moi boa idea dicirlle aos nenos/as que a avoa Encarna é como una merla e que cando canta é como se regresara, así sempre a manterán no seu corazón e a recordarán, ben sexa mediante un paxaro, un poema… Ademais, mediante este conto poderiámoslle ensinar aos nenos/as algún dos paxaros que existen e a valorización do mundo rural, representado por moitos traballos fundamentais para a sociedade, en especial o coidado do medio, dos animais, dos cultivos…
Para rematar a lectura deste conto gustoume moito, tanto polo tema como pola maneira en que o trata, ademais chamoume moito a atención a frase final: “quizás iso é querer a alguén: Non esquecer xamais que hai un paxaro no mundo que sempre levará o seu nome”.

Recursos
educativos
Ver a descrición e recepción desta obra en Informes de literatura (2009) en http://www.cirp.gal/rec2/informes/upload/ver/inf2009/Informe_Literatura_2009.pdf (p. 1397).
CEI Estibela (2018). Non é fácil pequeno esquío . en ponte lectura infantil, en http://pontelecturainfantil.blogspot.com/2018/04/non-e-facil-pequeno-esquio.html (consultado o 27 de Marzo de 2020)

Ningún comentario:
Publicar un comentario