Aguilar, L. (2008). Orellas de bolboreta. Ilus. Neves. Pontevedra: Kalandraka [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-662-4).
Descrición do formato da obra: Trátase dun álbum ilustrado cunha cuberta de cartoné na que aparece en primeriro plano a protagonista, acompañada dunha bolboreta; o título en letras grandes e vistosas, o nome da autora e ilustrador e a editorial, dunha maneira máis discreta, con letras máis pequenas e situadas nunha beira. Está composto por 32 páxinas e unhas dimensións de 22x22cm. Na contracuberta aparece a colección á que pertence o álbum, o código de barras e ISBN e como ilustracións aparecen varias flores moi parecidad ás da cuberta. Nas gardas aparecen debuxadas, na parte de arriba, unhas casas, dando a coñecer o pobo onde vive a protagonista. A seguir está a páxina de dereitos, con mais información do libro, o copyright, os autores/as e ilustradores/as, o isbn, etc; e a portada, na que se repiten os datos da cuberta. As ilustracións son moi chamativas, con cores moi vivas e contrapostas. As imaxes son de grandes proporcións, ocupando a dobre páxina, mentres que o texto se integra nelas situado en diferentes posicións, tanto na parte superior coma inferior e con xogos tipográficos, pois as frases dos grupos de nenos están remarcadas en letras diferentes ao que di a protagonista.
Neste álbum nárrase a historia dunha nena que é distinta aos demais, tanto polo pelo coma polas orellas, pola forma de vestir, polos complementos etc., motivo polo que os seus compañeiros e compañeiras se burlan dela. Ante estas burlas, ela deféndese, e compara os seus supostos “defectos” con cousas alegres e bonitas, buscando en todo momento a parte divertida.
Potencialidades educativas: Con este álbum pódese traballar a autoestima, a diversidade, o respecto á diferenza e, sobre todo, a interculturalidade, dado que as nenas e os nenos que aparecen na obra representan diferentes etnias. Con Orellas de bolboreta pódese abordar a temática da inmigración e da situación precaria na que vive Mara, comparándoa con moitas outras persoas refuxiadas ou inmigrantes. Tamén esta lectura permite reflexionar sobre a diversidade cultural, con especial atención ás roupas, tradicións, crenzas, formas de entender a vida que existen no mundo e que permiten facer conscientes aos máis pequenos da relatividade dos valores e crenzas culturais.
Recursos educativos: Na rede pódense atopar varios vídeos do álbum nos que é narrado ou lido (https://www.youtube.com/watch?v=2CmLNSrO3g4 ) e que poden ser un complemento visual á lectura do libro en papel. Tamén se poden atopar blogs nos que tratan o libro. Algúns deles aportan ideas de actividades para facer, por exemplo, nun blog contan como lle ofreceron as nenas e nenos unha grella dunha bolboreta e follas de cores para que fixeran boliñas coas follas de cores e despois decorasen as bolboretas (https://elbaulmagicoblog.wordpress.com/2016/04/25/orejas-de-mariposa/ ); noutros contan como, despois de ler o álbum pediron a cada nena e neno que debuxaran a protagonista (http://miscositasdeinfantil.blogspot.com/2014/10/orejas-de-mariposa.html ).
A parte de todas as potencialidades mencionadas, as cales son moi interesantes, tamén me parece interesante a figura materna, a cal é moi importante nesta historia, xa que é a que apoia a Mara para que non se sinta diferente ao resto, dende un punto de vista creativo, debido a que é ela quen lle di que as súas orellas parécense a unha bolboreta, animal que adoita gustar moito aos máis pequenos, e así poder reforzar a súa autoestima para que cando sigan criticando diferentes aspectos de Mara, ela poida responder con forza e non sentíndose inferior ao resto. Ademais, os recursos que aparecen son moi interesantes, pero tamén se podería engadir a canción inspirada no conto: https://www.youtube.com/watch?v=05 iZEPKEHb0
ResponderEliminarParéceme unha proposta moi interesante, xa que creo que todas as potencialidad das que se fala son moi importantes de traballar cos máis pequenos. En canto a autoestima, penso que podese falar un pouco máis dela xa que no libro podemos ver como a nena lle contesta ao que lle din os demáis nenos sobre rasgos seus e as súas contestación parécenme moi interesantes, xa que mostra que se quere, que é algo que debería pasarnos a todos e por desgraza non é así. Esto da unha imaxe de autoestima moi alta e é fundamental desenvolvela.
ResponderEliminar