luns, 30 de marzo de 2020

Malena Ballena

Cali, Davide (2010). Malena ballena. Ilust. Sonja Bougaeva, Barcelona: Libros del zorro rojo. [28pp.]. (ISBN: 978-84-92412-59-4)


Breve descrición do formato e contido: É un álbum ilustrado encadernado en cartoné cunhas dimensións de 28x21cm. Na cuberta pódese observar o título da obra en minúscula e cun tamaño non moi grande ó pé da cuberta. No fondo atópase un debuxo da protagonista e unha balea moi grande, que nos anticipa que a balea ten un significado importante na obra. Na contracuberta aparece unha imaxe que está no interior de álbum, enriba dun fondo de cor branca, cun pequeno resumo. Nas gardas, tan só se pode observar unha cor azul verdosa coma se fose auga. Na portada aparécenos o título da obra e vemos a Malena, que é a protagonista, co seu traxe de baño e as súas gafas para mergullo. En canto ás ilustracións presentan cores atractivas e de gran tamaño e destacan por reflectir os sentimentos e as emocións de Malena. Dende o punto de vista do contido, desenvólvese a historia dunha nena chamada Malena, a cal padece as burlas das outras nenas cando vai á piscina polo seu volume e por provocar que cando vai á pisicna as outras nenas rinse dela debido ao seu volume e á auga que desaloxa cada vez que se somerxe. Porén, un día, o monitor da piscina deulle un truco a Malena e así cesaron as risas e comeza a superar as súas inseguridades. 

Potencialidades educativas: este álbum ilustrado é moi adecuado para traballar a autoestima en Educación Infantil e con calquera persoa independentemente da idade que se teña. Serve para traballar cos nenos e nenas cuestións como a diferenza, as inseguridades, a solidariedade, o respecto e a amizade. Con estes valores e exemplos como Malena foméntase a empatía, a comprensión dos sentimentos dos demais e a aceptación de un mesmo tal como é. Ao coñecer a percepción dos demais como consecuencia das nosas accións estamos sensibilizando cara a actitudes respectuosas que poden evitar situacións violentas e incluso o acoso escolar.

Recursos de interese:
Lectura do conto, en  https://www.youtube.com/watch?v=9HqH-OxpciM  (13/03/20)
Refugio de crianza (2018). Superar los complejos y ganar autoestima, Malena Ballena, en https://refugiodecrianza.com/2018/05/25/superar-los-complejos-y-ganar-autoestima-malena-ballena/  (13/03/20)
Coleccionando cuentos. Blog onde aparecen actividades para traballar cos nenos e nenas https://coleccionandocuentos.blogspot.com/2016/11/malena-ballena.html  (13/03/20)

Ningún comentario:

Publicar un comentario