Amosando publicacións coa etiqueta despregable. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta despregable. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2017

AH!

Goffin, Josse (2007), AH!, ilust. Josse Goffin, Kalandraka editora, col. Tras os montes, (de 1 a 5 anos), [43 pp.] (ISBN: 978-8464-652-6).


Breve descrición do formato e contido da obra: encontrámonos ante un álbum ilustrado de volume pequeno, formato cadrado, cantos redondeados e despregable, neste caso, só contén imaxes. En canto a cuberta ten o fondo branco e encontramos o título do libro ah! e dentro da a encontramos un pelícano, o que nos da unha pista do que nos imos encontrar. A contra cuberta pola contra aparecen todas as imaxes de obras de arte, que tamén aparecerán no conto, con algún dato relevante que se lle poda contar os nenos e nenas como o nome, autor, etc. Como ven dixemos antes, as páxinas deste conto son despregables, de forma que a primeira e unha imaxe dun cor que ao abrila preséntanos unha figura diferente do mesmo cor, e non só iso, tamén encontraremos unha obra de arte das que aí na contra cuberta e unha pequena pista, introducindo a imaxe da paxina seguinte doutro cor. As cores tamén son algo importante a hora de entender o conto, xa que só aparecen dúas cores amarelo e azul, e vanse intercalando, cun fondo branco para resaltar as imaxes. Polo tanto este conto non presenta unha historia con introdución, no e desenlace, senón que as páxinas mostran imaxes independentes, aínda que relacionadas entre si, formando unha estruturara encadeada.







Potencialidades: este álbum xoga co dobre sentido, as adiviñanzas visuais e a importancia da arte e da cultura. Establecendo un xogo do que se ve e o que se esconde, o que parece pero se transforma en outra cousa. Incorporar imaxes de obras de arte coñecidas tanto de escultura,pintura, arquitectura… é un acerto xa que que desde tan pequenos vaian incorporando cultura o seu coñecemento dunha forma lúdica é moi interesante . A exposición imaxinativa, sorprendente e creativa deste libro é diferente ao que se esta acostumado, tratándose dun libro para todas as idades, onde nos permite establecer un exercicio de libre narración mentres os máis pequenos xogan a adiviñar, sorpréndense, relacionan e aprenden coñecementos novos sobre arte, resulta especialmente atractivo e desenvolven a imaxinación.

mércores, 8 de febreiro de 2017

¿Dónde está Spot?


Hill, Eric (2015). ¿Dónde está Spot?, ilust. Eric Hill, trad. Luis Font, Barcelona: Plataforma, col. Libros para jugar, (de 0 a 4 anos), [28 pp.] (ISBN: 978-84-16429-40-0).


Breve descrición do formato e contido: É un libro de formato pequeno, case cadrado (22 x 21´5), cunha encadernación de tapa dura e esquinas redondeadas, perfecto para que os nenos/as o poidan manexar dunha forma doada e sen mancarse. A cuberta é branca e nela destaca o título en letras negras e grandes, acompañado da imaxe dun can mirando dentro dun baúl; na contracuberta volve aparecer a mesma personaxe, pero desta vez acompañado do protagonista, o cachorriño Spot, ademais dunha breve explicación do conto.
O volume presenta unha solapa en cada folla impar, por iso ao principio do libro, na portada, aparece unha folla en cor azul cunha alfombra e debaixo dela... o oco para poñer a quen pertence o libro. Na portada volve aparecer o título, o autor e a editorial nun fondo branco e na contracuberta todos os datos destes.
            O conto é o primeiro dunha colección onde se contan as aventuras de Spot. Este primeiro relato trata de buscar ao pequeno Spot, xa que á hora de cear desapareceu e a súa nai búscao por toda a casa: detrás da porta, no reloxo, debaixo da cama,... en cada sitio que mira ábrese unha solapa e aparece en cada lugar un animal dicindo que alí non está Spot ata chegar ao final onde... o cachorriño  por fin aparece.

Potencialidades: Aínda que ¿Dónde está Spot? pareza un conto sinxelo, permítenos traballar moitos aspectos como os lugares (dentro- fóra / encima-debaixo), os sons dos distintos animais que aparecen ao longo da historia, permitindo que os nenos/as contesten coas correspondentes onomatopeas, e a dicir que NON, así como a visualizar a súa escritura.
É un conto que aos nenos/as lles gusta moito debido a que en cada folla poden levantar unha solapa e pescudar se Spot está alí debaixo, de forma que participan e interactúan con el. Podemos dicir que é unha forma de xogar ás agachadas ao tempo que se le un libro. Neste agocharse chamamos a atención dos máis cativos porque debaixo ou detrás de cada obxecto aparece calquera tipo de animal, dende osos ata pingüinos, fomentando así a súa curiosidade polo que aparecerá, e sobre todo, por saber onde estará Spot.