Amosando publicacións coa etiqueta obra gráfica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obra gráfica. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de abril de 2017

SOY UN PUNTO



Giancarlo Macri (2016).Soy un punto, ilustr.Carolina Zanotti , Barcelona:San Pablo (4+), [48pp],
(ISBN: 978-84-2854-906-6). 

Breve descrición do formato e do contido:
Atopámonos ante un álbum ilustrado, cun formato cadrado, de tamaño mediano e sen cantos redondeados. Está encadernado con tapas duras feitas de cartón mentras que as páxinas do interior son de papel fino.
Na cuberta, podemos observar un fondo con puntos negros e brancos onde se encontra o título do libro Soy un punto, mentras que na contracuberta aparece o nome da editorial e unha frase que pon: "Os puntos ensínanos que un mundo mellor é posible", polo que podemos anticiparnos ao contido da obra. 
Trata sobre a aventura duns puntos negros e brancos que se atopan para construír un mundo mellor. O primeiro en aparecer é un punto negro nunha páxina en branco, este ten moitos amigos, comida e diversión mentres que na páxina da esquerda aparece un punto branco o cal vive nun mundo de inxustizas e soidade asique pidelle ao punto negro se pode ir él e os seus amigos a súa páxina. Este di que sí, pero como non hai espazo para todos son os puntos negros os que se mudan a páxina da esquerda para proporcionarlles todo o que lles fai falta. 



 Este libro conta con ilustración orixinais feitas integramente a man nas que predominan as cores en branco e negro. Por outro lado, contan con sinxelos e pequenos textos en negriña para chamar máis a atención e a curiosidade do lector que axudan a interiorizar valores como a solidaridade e a amizade.




Potencialidades:
É unha obra que, baixo a súa aparente sinxeleza, ten un gran transfondo xa que é ideal para que os pequenos empecen a coñecer a realidade a través dunha forma gráfica onde podemos traballar valores como a amizade, a solidaridade e a fraternidade.
Nos tempos que corren, mais que nunca é importante axudar aos nenos/as a comprender conceptos como a desigualdade, inmigración...xa que na actualidade nas escolas podemos atopar cativos de diferentes clases sociais, países, relixións etc,polo que é importante fomentarlles desde pequenos a importancia de respectar ao outro, a compartir, a prestar axudar cando o necesiten e a convivir en paz e armonía,  xa que ao final dá igual a cor de pel que teñamos, o idioma que falemos ou a clase social na que nos encontremos porque todos somos iguais.
É un conto recomendado para educación infantil posto que case todos os debuxos son fácilmente interpretados para os nenos/as xa que as imaxes falan por sí soas. Non só é característico pola sua sencillez e orixinalidade senon que ten un mensaxe claro que todos deberiamos ter en conta na nosa vida como é: "Coa axuda dos demais creamos un mundo mellor"