Amosando publicacións coa etiqueta conto acumulativo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conto acumulativo. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de abril de 2017

Loboferoz

Patacrúa (2006), Loboferoz, ilustr. Chené Gómez, OQO editora, (de 3 a 6 anos) [36 pp] (ISBN: 978-8496573505).


Breve descrición do formato e contido da obra: este libro é un álbum ilustrado de pouco volume e formato cadrado. Na cuberta encontramos o personaxe principal e titulo do conto como si estivese escrito a man con letras de diferentes tamaños, Loboferoz. A contra cuberta é a continuación do fondo de cuberta en ton marrón claro. Este álbum non destaca polos seus cores, xa que empréganse diferentes tons de marróns e cores moi apestalados, cun formato bastante minimalista onde só aparece o esencial. En canto ás ilustracións podemos dicir que son con formas xeométricas e un pouco desestruturada como si estiveramos ante un collage polo que os animais que saen cos ollos mal colocados, as cabezas cadradas,etc… O conto en si trata do cambio de vida que quere facer o Loboferoz farto de comer papas de arroz, e no seu intento por conseguilo e comer animais o Loboferoz fracasa. Tamén cabe destacar que estamos ante un conto acumulativo, diálogo repetitivo dándolle ao conto unha fácil comprensión e sencillez.


Potencialidades: aínda que o título de Loboferoz pódenos dar algunha pista do transcurso da historia o final e bastante inesperado se non coñeces o conto. Con este conto traballaremos os animais domésticos relacionados co lobo e tamén o enxeño que saca cada un deles para enfrontarse o vil e ruín lobo, que a diferencia de todos os lobos, este non da medo e só come papas de arroz. En xeral, este conto grazas o seus aspectos acumulativo e repetitivo, e unha boa opción para utilizalo cos máis pequenos, onde as nenas e nenos participan activamente na narración do conto e o seu carácter humorístico fai que o pasen ben. Tamén en relación co conto encontramos a canción de loboferoz, que a podemos utilizar xa que é moi sinxela e simple:

https://www.youtube.com/watch?v=V04O4elu-tg

luns, 13 de marzo de 2017

A casa da mosca chosca


Afanásiev, Alexander (2015), A casa da mosca chosca, ilust. Sergio Mora, trad. Eva Mejuto, Pontevedra: Kalandraka, (de 3 a 6 anos), [40 pp.] (ISBN: 978-84-8464-155-1)


Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado en galego, adaptado dun conto popular ruso, que se caracteriza polo seu volume de formato mediano e cadrado, as súas paxinas de papel e cuberta e contracuberta de cartón. Trátase dun conto acumulativo, no que as ilustracións teñen unhas cores moi rechamantes, formas orixinais e personaxes con trazos que desprenden felicidade polo seu sorriso, o que dá lugar a que se xere un ambiente humorístico. Ademais, a ilustración en cada páxina crean unha imaxe continua e desproporcionada que dá lugar a imaxinación. En canto o texto, este ocupa un lugar característico na maioría das páxinas e nel faise uso da rima e a repetición.  Tamén, podemos engadir, que a cada personaxe se lle asocia un adxectivo que a vez rima co que ven a continuación e que o elemento central deste libro é a casa da mosca, é dicir, esta é onde acontece toda a acción.
Respecto ao argumento, nesta obra contásenos a historias dunha mosca chosca que cansada de zumbar dun sitio para outro, decidiu construír unha casa. Para inaugurala, fixo un pastel de moras e puxo sete banquetas e sete pratos. E, co arrecendo daquela saborosa tarta, foron aparecendo sete curiosos animais. 

Potencialidades: As potencialidades que agocha este libro son moi variadas. Con el permítesenos traballar os números cardinais ata o sete e ordinais ata o sétimo, a vez que axuda a coñecer os animais do bosque e os seus tamaños de menor a maior como o morcego, a raposa, o lobo ou o oso, entre outros. Ademais, o tratarse dun conto acumulativo, no que os personaxes vanse unindo un a un, e ao empregar a rima e a repetición, facilita traballar a memoria e incluso, que os oíntes participen na súa narración ou intenten relatar eles mesmos o conto, debido o doado que resulta memorizalo. Pero o máis importante deste conto é que, mediante el, aprendésenos o valor da honestidade e a importancia de compartir con calquera, aínda que sexa cun descoñecido.