Afanásiev, Alexander (2015), A casa da mosca chosca, ilust. Sergio Mora,
trad. Eva Mejuto, Pontevedra: Kalandraka, (de 3 a 6 anos), [40 pp.]
(ISBN: 978-84-8464-155-1)
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado en galego, adaptado dun conto popular
ruso, que se caracteriza polo seu volume de formato mediano e cadrado, as súas
paxinas de papel e cuberta e contracuberta de cartón. Trátase dun conto
acumulativo, no que as ilustracións teñen unhas cores moi rechamantes, formas
orixinais e personaxes con trazos que desprenden felicidade polo seu sorriso, o
que dá lugar a que se xere un ambiente humorístico. Ademais, a ilustración en
cada páxina crean unha imaxe continua e desproporcionada que dá lugar a imaxinación.
En canto o texto, este ocupa un lugar característico na maioría das páxinas e
nel faise uso da rima e a repetición.
Tamén, podemos engadir, que a cada personaxe se lle asocia un adxectivo
que a vez rima co que ven a continuación e que o elemento central deste libro é
a casa da mosca, é dicir, esta é onde acontece toda a acción.
Respecto ao argumento, nesta obra
contásenos a historias dunha mosca chosca que cansada de zumbar dun sitio para
outro, decidiu construír unha casa. Para inaugurala, fixo un pastel de moras e
puxo sete banquetas e sete pratos. E, co arrecendo daquela saborosa tarta,
foron aparecendo sete curiosos animais.
Potencialidades:
As potencialidades
que agocha este libro son moi variadas. Con el permítesenos traballar os
números cardinais ata o sete e ordinais ata o sétimo, a vez que axuda a coñecer
os animais do bosque e os seus tamaños de menor a maior como o morcego, a
raposa, o lobo ou o oso, entre outros. Ademais, o tratarse dun conto
acumulativo, no que os personaxes vanse unindo un a un, e ao empregar a rima e
a repetición, facilita traballar a memoria e incluso, que os oíntes participen
na súa narración ou intenten relatar eles mesmos o conto, debido o doado que
resulta memorizalo. Pero o máis importante deste conto é que, mediante el,
aprendésenos o valor da honestidade e a importancia de compartir con calquera, aínda
que sexa cun descoñecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario