Heitz, Bruno (2000), Unha historia fantástica, ilus: do autor, traduc: Núnez Marisa,
kalandraka, colec: demademora, (+3 anos), [20pp], ISBN:84-8464-025-6
BREVE DESCRICIÓN DO FORMATO E CONTIDO DA OBRA:
Trátase dun álbum ilustrado que conta cun total de 20
páxinas e cada unha delas dun gran grosor. Ten unha forma case cadrada e as
puntas deste álbum están terminadas en punta.
Na súa cuberta na parte superior central aparece a colección
á que pertence este libro, debaixo desta o título da historia “Unha historia
fantástica” seguida dunhos debuxos dunha vaca e no medio desta unha parte
dianteira dunha furgoneta, tamén aparece quen é o autor e ilustrador, neste
caso o mesmo home, Bruno Heitz e finalmente, na parte inferior central a
editorial á que pertence, kalandraka.
Na súa contracuberta aparece na parte superior izquierda a
colección á que pertence, na parte central a forma dun queixo que, coa lectura
da obra vamos saber que significa, e finalmente na parte inferior izquierda
aparece de novo, a editorial á que pertence.
Esta é unha historia dun campesiño que tiña unha furgoneta
que non frenaba moi ben, un día atópase pola estrada cunha vaca, o cal producio
un accidente entre ambos.
Como consecuencia ambos se partiron pola metade, polo que o
home decidiu xuntar ambas.
A vaca atopábase triste e o campesiño pensou en levala até a
montaña, quizáis desta forma a vaca estaría máis contenta.
Un aterceder, a vaca atopouse coa sorpresa de ver a un lobo,
pero esta escorrentouno conha pitada e a cabra que fora desfeita, o home
amañouna coa súa vaca e pasou a chamarse vacabra.
Foi a partir deste momento cando a vaca comezou a dar leite
bo e o dono a facer moitos queixos e gañar diñeiro.
POTENCIALIDADES:
Con esta obra podemos amosarlle os nenos e as nenas a
importancia que supón o de non cruzar polo medio e medio da carretera sen mirar
ou mesmamente non facerlle caso aos semáforos e pasar en vermello en vez de
esperar ata que se poña en verde.
En definitiva, podemos ensinarlle a importancia da
seguridade vial.
E outra das potencialidades que se nos presenta con esta
historia é que todo pode ter un arranxo aunque ás veces pensemos que non, pero
con esforzo e entusiasmo todo se pode lograr.
Ningún comentario:
Publicar un comentario