sábado, 11 de marzo de 2017

¿JUGAMOS?

Tullet, Hervé (2015), ¿Jugamos?, ilust. do autor, trad. Esther Rubio, Madrid: Kókinos, [64 pp.] (ISBN: 978-84-16126-48-4).

Breve descrición do formato e contido da obra: Estamos ante unha publicación recente, a terceira dunha serie de libros moi interactivos deste autor francés.
En canto ao formato vemos que é un libro cadrado de 22 x 22 cm o cal, na súa cuberta, contén o nome do autor, da editorial e o título dentro dun círculo de puntos de cores; na contracuberta, déixanos cunha intriga (debido a isto podemos dicir que esta se complementa coa historia do libro), estas dúas son de cartón duro, diferente ao interior, xa que as páxinas son de papel vernizado, dándolle así brillo a cada unha delas. Falando da estética, tamén podemos dicir que a portada e a contraportada teñen o mesmo estampado, só cambiado o tamaño e volvendo a facer referencia ao que acontece no interior.

Respecto ao contido, o autor non conta unha historia, tal e como o seu título indica, trata de que o lector xogue, de introducilo na historia, de facelo cómplice dela axudando ao protagonista a moverse, a pasar as páxinas, a saltar, a facelo desaparecer,...por iso nos fala directamente. Estanos facendo unha invitación a cal os nenos non dirán que no. 
As imaxes son a toda páxina, son moi simples pero concretas; a maioría das veces só aparece unha liña fina e recta negra cun círculo amarelo, outras aparece a páxina chea de círculos de cores, ou toda en negro,...as imaxes van cambiando segundo transcorren as páxinas. Nestas o texto aparece maioritariamente na parte inferior da páxina nun tamaño normal e sempre en maiúsculas.



Potencialidades: A través deste libro podemos traballar numerosas cuestión, como xa citei anteriormente trata de xogar co protagonista, o círculo amarelo. Pouco a pouco a aventura comezará a animarse ata que aparezan máis círculos de distintas cores e sexa cada vez máis divertida e misteriosa, voltas como unha noria, loops, obstáculos, escaleiras e incluso semáforos e túneles.


Mediante este xogo os nenos e nenas poden potenciar o seu coñecemento sobre a dereita - esquerda, arriba – abaixo, sobre as cores, poderán xogar ás agachadas, a apertar, a das golpes, a distinguir cando hai que para e cando se pode pasas ante un semáforo e tamén a contar, xa que nunha das páxinas mándanos contar ata 10, numerosos entretementos, que a simple vista non parece que poida ofrecer tanto esta obra, pero unha vez lla presentamos os nenos e nenas dámonos conta da maxia que esconde e o ben que o pasan con ela; ademais fai unha crítica ao escuro, ao que non se deixa ver, ensinándolle aos lectores que aí non se está ben. Esta obra tamén potencia a psicomotricidade dos nenos e nenas, a lectura non visual, e sobre todo a intriga de que pasará na seguinte páxina, esa intriga tan importante para a madurez do neno/a.
É un libro para idades a partir dos 2-3 anos, para lerlles en familia e inicialos no mundo dos libros e enganchalos á lectura dunha forma divertida. O seu código textual a ser en maiúsculas permite que sexa máis fácil de ler e así cando teñan máis autonomía neste ámbito lle resulte máis doado e queiran lelo unha vez tras outro e así pasar un bo rato.

Persoalmente creo que é un libro que podemos utilizar cando queiramos que os nenos ou nenas se esquezan de algo, é un libro que te atrapa e fai que teñas que estar pendente do que facer. É moi interesante e podemos sacar moito proveito, creo deberían pasar por mans de todos os nenos e nenas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario