Browne, Anthony (2011). Que TAL estás?,
ilust. Mesmo autor, trad. Silvia Pérez Tato, Londres: S.L. Kalandraka Editora,
[26pp.] (ISBN: 978-84-8464-723-2).
Breve descrición do formato e contido da obra:
libro de tapa dura, de 27x22cm, con ilustracións que complementan o texto. O texto está en galego e é breve, deixando que se destaque a expresión e a actitude do personaxe na ilustración. Na cuberta aparece o protagonista do relato saudándonos. Na contracuberta hai preguntas sobre algún dos estados de animo que podemos presentar.
A partir da
pregunta “Que tal estás”, o protagonista do conto expresa as diferentes emocións
que unha persoa pode sentir: alegría, enfado, vergoña, fame, soidade...
Potencialidades: é unha historia
onde se trata os sentimos e as sensacións que podemos ter durante o longo do día,
como por exemplo: enfado, fame, tristeza..., a partir de palabras e imaxes
sinxelas, xogos cromáticos e tipográficos, favorecendo a socialización e
coñecemento de cada emoción para que os nenos e nenas aprendan a expresar como
se están.
Ao ler o libro,
introducimos o lector na historia, xa que primeiro é o protagonista quen
expresa o que sente en diferentes situacións e ao final interactua con nos
preguntándonos como estamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario