domingo, 26 de marzo de 2017

Todos somos especiales


Maguire, Arlene (1995). Todos somos especiales, ilust. Sheila Lucas trad. Yanitzia Canetti, León: Everest, 33pp. (ISBN: 84-241-3181-9).

Breve descrición do formato e contido da obra:

libro ilustrado de tapa branda de 21x18cm. Está escrito en castelán e cada páxina conta con ilustracións e cun breve parágrafo harmonizado, onde a segunda e a cuarta estrofa riman. Na cuberta do libro vemos diferentes tipos de personaxes: animais e humanos, totalmente diferentes. A contracuberta introdúcenos a historia que trata cun breve resumo.
 
 
 
 
 
 
 
 

Todos somos especiais e únicos, non hai ninguén igual, uns teñen uns gustos e outros teñen outros totalmente diferentes: varias cores, varias medidas, incluso gustos e comidas preferidas.



Potencialidades: este libro ensínanos que todos somos especiais e únicos porque nos gustan cousas distintas. O importante deste libro é que os nenos e nenas a través del comprendan que cada un deles é diferente. Así, tratamos os gustos, as diferenzas e a diversidade.
O libro conta cunha páxina onde nos introduce a biografía da autora. Arlene dedicouse a escribir libros para inculcar a autoestima nos nenos e nenas pequenos. A nosa propia imaxe formase na primeira etapa de vida, e os seus libros ensínannos a expresar os sentimentos e a sentirnos orgullosos de ser quenes somos, de forma que cando un remata de ler o libro comprende que é especial e único e a verdadeira importancia de ser así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario