Esta é unha ferramenta de carácter educativo ligada á materia de Didáctica da Lingua e Literatura Infantil, da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Universidade de Vigo). Nela vanse ir recollendo as descricións das lecturas que realizaremos ao longo do cuadrimestre e incidirase sobre todo nas potencialidades das obras seleccionadas, o que pode ser de axuda para outros docentes e mediadores en xeral (bibliotecarios, pais e nais etc.)
venres, 31 de marzo de 2017
Os de arriba e os de abaixo
Valdivia, Paloma (2009), Os de arriba e os de abaixo, ilust. Paloma Valdivia, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Demademora, (+3), [36 pp.] (ISBN: 987-84-8464-691-4).
Breve descrición do formato e contido da obra: Formato de 22 X 22 cm e tapa dura. É un álbum ilustrado que combina as imaxes cun pequeno texto en cada unha das páxinas, as cales teñen unha cor crema como fondo e son bastante coloridas. Destaco a peculiaridade de que a última páxina pode ser lida se lle damos a volta ao conto, porque as letras están ao revés. Hay personaxes na parte superior e inferior dalgunhas páxinas. Se estamos co libro na posición normal veremos aos da parte superior cara arriba e os da inferior cara abaixo pero se lle damos a volta ao conto, ocorre o contrario. A letra é dun tamaño adecuado para favorecer a concentración e non dar lugar á distracción do lector.
O conto di que existen dous tipos de habitantes: os que viven arriba e os que viven abaixo. Uns pensan que os outros son diferentes pero a realidade é que as diferenzas son mínimas ( cando uns levan bañador outros levan paraugas, cando os de arriba sementan os de abaixo recollen a colleita...).
Potencialidades: O que pretende este conto é que os nenos coñezan e saiban aprezar a diversidade porque aínda que existen diferentes gustos, razas ou ideas todos somos persoas e merecemos ser valoradas. Considero que o tema da diversidade é un tema dos máis interesantes para traballar cos alumnos de Educación Infantil.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Moi bo recurso para traballar a diversidade como ti dis.
ResponderEliminarParéceme, ademais, moi interesante que este conto pódese ler tanto do dereito coma do revés, seguindo as ilustracións, traballando, ao mesmo tempo, a direccionalidade.
Atopo outras potencialidades como traballar os diferentes tipos de relacións entre persoas, os distintos tipos de climas, a xeografía e os diferentes costumes.