Llenas, Ana ( 2015),
Alborote: Barbara Fiore Editora, ( +5
anos), [76pp], (ISBN 9788415208723).
Breve descrición do formato e
contido da obra: albúm ilustrado de medidas 230x 280 cm. A súa cuberta dura,
imita ó cartón que tan a miúdo usa a autora nas súas ilustracións e que é unha
das súas señas de identidade. Malia ter bastantes páxinas, no interior presenta
un breve texto que acompaña ás fermosas ilustracións en forma de collage carácterísticas
da súa autora. Ilustracións que, na maioría dos casos, ocupan ámbalas dúas páxinas -dereita e
esquerda- e que cobran todo o protagonismo na obra. Aparece tamén alguna páxina
prácticamente en branco só cunha pequena frase, para darlle máis enfáse ou
crear no espectador a expectativa de que pasará na seguinte páxina. Estamos ante un albúm dunha grande
plasticidade e beleza que xoga coas cores, identificándoas coas emocións (como
xa fixera noutros libros) comúns na obra da autora e que nos
transportan a eses estados de ánimo só con virar a folla.
A protagonista é Xulia, unha nena
cunha vida apracible e feliz que, de súpeto, un día ve como todo muda, ó sufrir
unha inesperada perda. A súa perfecta vida tranquila esvaece e ela
fica cunha sensación de valeiro no seu interior que non sabe como encher.
Un valeiro, que a autora e ilustradora simboliza maxistralmente como un burato que atravesa o peito da nena na cuberta do libro e que continuará debuxado na nena ao longo de toda a historia. Ese oco non fará máis que medrar e medrar, invádeo todo, cada
día vai facéndose máis e máis grande e enchéndose tamén de todo tipo de
monstros e friaxe, enchéndoa a ela de tristura.
A súa pesadume levaráa a saír na
proucra de posibilidades para pechalo, tapalo ou borralo para que desapareza e
todo volva ser coma antes. Próbao todo: a comida, un novo amor, moitos agasallos...
Mais nada funciona e o oco segue aí, medrando e medrando. O desacougo que lle
produce comprobar que non existe nada que poida eliminalo para sempre, conduciráa
a unha profunda tristura que lle servirá para espertar a unha nova realidade: a
solución para encher ese oco non a atopará en nada material, senón que deberá
buscar no seu interior, nos mundos marabillosos que alí se agochan. Asumir esa
descuberta e acéptala serviralle para poder acadar de novo a felicidade e
superar a súa perda.
Potencialidades: Esta obra ofrécenos unha xenial ferramenta para
traballar as emocións cos nenos, dándolles recursos que lles axuden a xestionalas.
A vida está chea de encontros,
risos, retrincos de felicidade; pero tamén de desencontros, de perdas que provocan en
nós un sentimento de valeiro. Sensacións tristes que nun determinado intre nos
poden semellar imposibles de superar ou enfrontalas. Para conseguilo deberemos
atopar forza no noso interior e sobrepoñernos para acadar de novo a felicidade.
A autora, neste fermoso albúm
ilustrado, fálanos desa capacidade de sobrepoñerse á adversidade e de poder
atopar un sentido o que temos, ou mellor dito o que somos.
Convídanos a reflexionar sobre a
necesidade de asumir que toda perda
produce un valeiro e que por moito que queiramos non o poderemos encher con
cousas materiais. Frente a unha perda
deberemos buscar no noso interior, só aí atoparemos as chaves para ser felices,
querernos a nós e aos demáis.
Estamos polo tanto, ante unha obra
estupenda para falar de perdas, das emocións que nos provocan e no xeito de
asumilas e seguir cara adiante.
Todos temos ou teremos algún día
que afrontar unha perda ao longo da nosa vida, teremos un valeiro ou unha
vivencia que nos doa e nos marque para sempre. A autora pon de manifesto a
importancia do proceso que debemos asumir despois desa perda, da importancia de
mirar cara o interior de nós mesmos e non cara fóra, porque aí, dentro de nós mesmos, acharemos o que
nos fai especiais e únicos.
O libro non especifica que lle acontece a nena, cal é a súa perda, así que cada lector pode identificarse con ela e atribuir o valeiro á causa que mellor se axuste á súa vivencia persoal. Que nos pasa cando nos sentimos así e o que estamos tentados a facer ou non…

Por iso, o mellor desta obra é que non só
é para os máis cativos, senón tamén para o público de todas as idades, porque, como dicía, todos sufrimos alguna
vez unha perda que nos provoca unha grande tristura, que non sabemos como
xestionar ou superar. Pero tamén algo que nos gusta ou apaixoa, que da sentido á nosa vida.
A protagonista descobre a importancia de coñecerse e quererse a ela mesma e iso acercaráa tamén ós demais.
A fin o seu valeiro faráse cada vez máís pequeno, pero sin chegar a desvanecerse, nunha metáfora de que todo o que vivimos nos marca e muda a nosa esencia. Tamén as perdas deixan unha pegada en nós, que dalgún xeito nos fai especiais e diferentes aos demáis.

En definitiva, este albúm
configura unha ferramenta formidábel para falar das perdas, de pasar o duelo,
de como superálo e seguir cara adiante. Nun proceso que nos mudará para sempre, pero
que nos fará entender o fermoso que hai dentro de nós e do mundo que nos rodea.
Por último sinalar a infinidade de posibilidades artísticas, plásticas e visuais que nos ofrece esta obra: permitiranos traballar cos nenos na produción de manualidades de todo tipo, personalizar os nosos propios personaxes, crear monicreques ou mesmo collages (como fai a autora), axudándonos a profundizar no tema das emocións á vez que confeccionamos todo un universo creativo con eles.

Encántame! É unha obra moi simbólica e importante para a aprendizaxe dos nenos e nenas. Gústame o plantexamento que fas da obra e espero ver máis contos que conteñan tantas inquedanzas coma este.
ResponderEliminar