luns, 20 de marzo de 2017

Monstro pequeno di Non!


Jónsdóttir Aslaug, Güettler Kalle e Helmsdal Raquel (2004),
Monstro pequeno di Non!, ilust. Aslaug Jónsdóttir, trad. Equipo Sushi,
Pontevedra Sushi Books,(de 3 a 6 anos), (ISBN: 978-84-15920-24-3).


 




Breve descrición do formato e contido da obra:
Volume de formato rectangular , o texto esta escrito con diferente tipo de letra facendo resaltar algunhas palabras. Utiliza cores negras para os monstros dándonos a entender o medo que nun principio transmiten.

Cóntanos a historia de un monstro pequeno ao que non lle gustaba xogar con monstro grande porque este sempre quería mandar. Monstro pequeno tiña medo de lle dicir que non quería facer o que monstro grande quería ou que non se burlara de el. Monstro pequeno un día xa farto atreveuse a dicirlle non, que el tamén quería mandar as veces e que non se burlara de el. Monstro grande díxolle que lle prometía non o volver facer pero que seguise sendo o seu amigo. Portouse ben de aí en diante, pero sempre que volva as de antes monstro pequeno volvera facer o mesmo, dicirlle non.


 


Potencialidades: Como se indica na contra cuberta, é un libro que fala da amizade, de como relacionarse, da boa educación e da pequena palabra non. Tamén podemos atoparnos co medo que nun principio asociamos aos monstros pero que se encontra desdramatizado debido a personalidade que mostran. Tamén vemos como nun dos personaxes se da a formación do carácter, como a personalidade está en plena formación onde inflúe a autoestima, como o manipulaba o outro monstro, da dependencia que mostran... Por último déixanos as portas abertas para completalo e crearlle un final alternativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario