sábado, 18 de marzo de 2017

O LEÓN KANDINGA.

O LEÓN KANDINGA.

Ofogo, Boniface (2009), O León Kandinga, ilust. Elisa Arguilé, tradc. Silvia Pérez, Pontevedra: Kalandraka Editora, (+6 anos), [40pp], (ISBN: 978-84-8464-711-9).

Breve descrición do formato e do contido: trátase dun álbum ilustrado con encadernación en cartoné, formado por 40 páxinas  e tapas duras dun tamaño de 26,5x21 cm  sen cantos redondeados.

Na cuberta aparece debuxado o personaxe principal do cal se trata do león Kandinga e na súa contraportada a personaxe da lebre coa cal mantén conversa no percorrido de toda a historia.


Ao longo do libro podemos observar que en cada páxina a ilustradora Elisa Arguilé acompaña o texto cunhas ilustracións de estilo primitivo que destacan pola súa forza expresiva e as contrastes de cores vermellas, amarelas e e verdes simulando o atardecer da sabana africana, ao igual que o emprego destas mesmas para a cuberta e a contracuberta.
O debuxo principal "O león Kandinga" forma parte da inesgotable tradición oral dos bantú, unha tribo que vive nas sabanas e selvas africanas, dende o centro de Camerún ata Sudáfrica. A maioría son lendas que recrean a estreita relación do ser humano co medio natural.


O seu tacto de papel suave e as imaxes tan grandes e rechamantes fan que causen gran atención aos nenos e nenas.
Conta con bastante letra como podemos observar ao longo do conto, fai uso do  emprego dos diálogos entre os personaxes e tamén o uso de maiúsculas e negriña para captar máis a atención, como cando a lebre chama polo león Kandinga, tal e como podemos ver a continuación:


A historia de Kandinga  atesoura a sabedoría dos pobos africanos, a súa milenaria tradición oral e a riqueza da súa cultura. Un relato que invita a unha viaxe imaxinaria ata a recóndita sabana para coñecer os seus habitantes: crocodrilos, elefantes... E exercendo a súa hexemonía sobre todos eles, o león.
O protagonista desta fábula é un rei (enfermo, vello e abandonado) vido a menos pola súa crueldade. O egoísmo e a avaricia son malos compañeiros de viaxe, non só para os animais salvaxes, senón tamén para as persoas...posto que o león lle prometía a metade da carne que lle axudara a cazar a lebre e éste cegado pola avaricia non lle deixou nada, aínda que logo a lebre devolveulle a súa xogada facendo que o picara unha serpe moi velenosa causándolle a súa morte.




Potencialidades: A través deste libro podemos traballar cos nenos e nenas o mala que é a avaricia e ser egoístas. É unha moi boa historia donde reflexa que cantas máis cousas queres e máis avaricioso es máis corres o perigo de quedarte só.
Tamén nos fala da importancia de non ser egoísta e de compartir as cousas cos demais porque o día de maña nunca saberás si che fará falta algo e alguén o terá que compartir contigo.
Por último cabe destacar a importancia que se lle ten que dar a cumplir a túa palabra e non fallar a ela, porque si ti te comprometes a algo telo que cumplir.
O autor do conto, Boniface Ofogo propón unha reflexión sobre o comportamento humano e pon a experiencia do seu pobo natal ao servizo dos lectores para que aprendan esta moralexa: "Se tes moito, é bo compartir cos que non teñen nada".
Finalmente, quero remarcar a reflexión final que aparece no libro posto que resume todo o que quere expresar este libro, a cal é:

Por iso África sempre di:
“Se tes moito, debes compartir
cos que non teñen nada, se non o fas,
arríscaste a ter o mesmo final
que o león Kandinga”.


Ningún comentario:

Publicar un comentario