Joyce, William (2012), Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore, ilust.William Joyce y Joe Bluhm, trad. Janell de la Rosa, Madrid: Editorial Santillana, ISBN: (978-84-204-1702-8).
Breve descripción do formato e contido da obra: Volume ilustrado, de forma rectangular e de tapa dura, o texto xorde tanto nas páxinas pares coma nas impares e nel vaise relatando o que se mostra nas ilustracións dunha maneira creativa xa que nalgunas páxinas o texto mestúrase coas ilustracións, crando así un ambiente imaxinativo e divertido.
A obra trata acerca de Morris Lessmore, un personaxe que lle gusta moito ler, e que soe pasar o tempo no balcón da súa casa escribindo pouco a pouco a súa propia historia da súa vida. Un bo día unha ráfaga de vento estraga con todo o seu libro e mestura todas as palabras, os sentimentos e as súas emocións. O personaxe, de súpeto atópase nun lugar descoñecido e cun panorama desolador todo de cores grises, por sorpresa apareceu unha fermosa muller (que nos fai recordar ás tan nomeadas princesas de conto), que voa cunha chea de libros a modo de cometa, (histo recórdanos a historia do principito), Morris mira para ela e ve que os libros que ten están cheos de cores e son moi bonitos, en cambio o libro da historia de Morris aparece sen cor na ilustración e está moi desanimado tirado no chan, un libro fala con Morris, e lle dí que non teña medo e que se anime a saltar o valado que lle separa o seu mundo gris, do fermoso prado verde e da nena cos contos cheos de cores fermosas, Morris dubida por un intre e salta o valado. A partires dese momento, o personaxe muda a súa anterior conducta negativa e gris, por unha máis alegre e colorida (reflexado nas ilustracións agora máis coloridas). Pasa o seu tempo nunha fermosa biblioteca lendo contos e cuidando libros vellos no seu estudo con moito amor. (Pódese afirmar que dende o momento de que o señor Morris Lessmore entra en contacto co mundo dos libros, a súa personalidade comeza a mellorar exponencialmente e pódese apreciar un personaxe feliz e cheo de alegría manifestado a través das cores que se amosan nas ilustracións entre outras.) O señor Morris traballa na bilbioteca, elixindo os mellores libros para cambiarlle a mellor as vidas das persoas (no libro apréciase como as persoas chegan a xunta Morris con cores grises, moi apagadas e no momento que este lles presta un libro, as cores cambian a uns tons máis alegres e vivaces, tamén manifestando a alegría a través do sonriso destes personaxes).
O tempo pasa e o señor Morris vaise facendo máis maior, e agora é unha persoa vella, que a penas sen forzas atende con moito cariño ás historias que os fermosos libros lle contan para que se sinta mellor. O momento lle chega e os libros o despiden con moita dor, e moi tristes, ate que pola mesma porta por onde se foi o señor Morris aparece unha alegre rapaza moi despreocupada que ao ver a cantidade de fermosos libros que alí viven, emociónase de gran maneira e queda alí, volvendo a repetirse a fermosa historia de Morris con outra rapaza.
Potencialidades: Este fantástico libro, ten multitude de potencialidades, comezando porque se trata dun libro, onde sintetiza multitude de libros clásicos como son o do principito, o mago de Oz, o vestuario que usa o Sr Morris a charles chaplin, todo isto fai aos nenos coñecer a fermosa cultura artística.
No libro tamén se tratan temas como os de medrar, como pode estar representado a través do valado que a personaxe ten que superar, o altruísmo e o de ser persoas que compartan as súas cousas, a través da labor que desenvolve o pèrsonaxe prestando libros as demais persoas para que estas se sintan mellor e máis felices. Valores coma os de coidar, e ser atentos coas persoas, a través de canto o personaxe coida con moito mimo aos libros, e logo os libros coidan de él cando é maior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario