Lhomme, Sandrine (2008). O emocionante día de Piti o caracol, ilust. do autor, trad. Baía Edicións, A Coruña: Baía Edicións, [24 pp.] (ISBN:
978-84-9995-038-9).
Breve descrición do formato e contido da obra:
Álbum ilustrado de
20x21cm, feito completamente de cartón, coas esquinas da parte esquerda do
mesmo redondeadas o que evita que os nenos non se manquen coas esquinas. Na
cuberta podemos observar ao protagonista, o caracol Piti. Por riba desto
podemos ler o título do libro, escrito en dúas cores diferentes, e por riba do
mesmo o nome do autor. Na contracuberta atoparémonos con un breve resumo do que
nos contará o conto. Trátase dunha tradución ao galego, cuxo texto
orixinalmente está escrito en galego. Conta tamén o libro con estruturas
pregabres para que os nenos poidan manexar e descubran que é o que se agocha
detrás delas.
Un caracol será o
protagonista desta historia, ao verse embarcado en varias aventuras ao longo do
seu día, das que saíra grazas a axuda doutros personaxes, que serán todos
animais coma el.
Potencialidades: Neste álbum
ilustrado, podemos ver a importancia da amizade, de que para superar algunhas
situacións necesitamos a axuda dos demais.
Léndolle o conto aos
nenos antes de durmir podemos animalos a que recorden o que fixeron durante o
seu día e o expresen, para posteriormente durmir e descansar para afrontar o
seguinte día con ganas de vivir moitas máis aventuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario