Novak, B.J (2015), El libro sin dibujos, Trad. David Nel lo, Madrid: Timun Mas Infantil, col. Cuentos para regalar, (3 a 6 años), [48 pp] ( ISBN: 978-8408145462).
Breve descrición do formato e contido
da obra: volume de formato case cadrado e cuberta dura. Preséntasenos cunha gran sinxeleza, amosando, xa dende o comezo, a intención do autor de deixar claro que se trata dunha obra na que non imos achar ningún tipo de ilustración, dando unha aparencia inicial de atoparnos ante unha obra moi aburrida e sen graza algunha .
No seu interior, palabras e onomatopeas, en distintos formatos, tamaños e cores, espállanse polas súas páxinas, nun fondo branco que constitúe un continuo ao longo de todo a obra.
Este libro, semella un libro moi
serio, pero na realidade é todo o contrario. O seu autor, B.J Novak, revolucionou o eido da literatura infantil
ó apostar por un formato
sen ilustracións para nenos en plena era da imaxe.
Estamos ante unha obra que é
un exemplo de creatividade e imaxinación, e que a pesares do feito de non contar
no seu interior con ilustracións, non perde o seu atractivo para os primeiros
lectores que se acheguen a ela, que nos pedirán que llo leamos unha e outra vez.
Efectivamente, estamos ante un
libro sen imaxes, sen unha sola ilustración." Puede parecer un rollo que alguien te lea un libro sin dibujos".
Pero ao longo das súas páxinas comprobaremos que nada máis lonxe da realidade. O lector ten que participar do xogo que o
seu autor lle propón: veráse obrigado a ler todo o que esté escrito
nel. Sexa o que sexa. Da igual que sexa un disparate, ou algo que lle de vergoña
ler, ou que sexan verbas sen sentido, absurdas. Mesmo ás veces terá que
cantar!!
No libro, as palabras xogan co
lector e fanno rir a gargalladas, convidándoo a pasar de páxina na procura de
novas pistas que deberá ler en voz alta, para que acadar o que o autor persegue, que non é outra cousa que divertir. É polo tanto
un libro para compartir, ata se pode ler entre varias persoas -por quendas-,
para rir entre todos.
Potencialidades: Este é un libro que axudará o
lector a perder a vergoña, e para os mais cativos será un incentivo para perder
tamén o medo ós libros con poucos debuxos: un libro que só ten texto pode ser igual
-ou máis divertido- cun albúm ilustrado.
Sen unha boa lectura en voz alta
e xesticulando, a obra non divirte tanto. E se non se comparte, tampouco se
desfruta do mesmo xeito, polo que é unha proposta ideal para compartir entre pais
e fillos, narradores e espectadores.
Este libro sorprende pola sua
sinxeleza e inxenio. Provoca a risa cada vez que o abrimos e crea unha experiencia
agradable e moi divertida para compartir. Serve para introducir ós máis
pequenos a idea de que a escrita pode resultar unha fonte inesgotábel de
trasnadas e ledicia.
A maioría dos libros infantís, se
non todos, están cheos de debuxos que atrapan a atención dos máis cativos, polo
que a miúdo pensamos que sen ilustracións os nenos non terán interese no texto.
Este libro demostra que non precisa ilustracións para encantarlle ós nenos. O poder
da palabra é suficiente
Este libro obriga ó lector a
facer parvadas, dicir calquera boubaría, facer ruidos ou cantar unha letra que semella
só significar estupideces. A súa lectura obriga a afrontala de xeito actoral,
poñendo caras raras, voces, facendo espaventos, suplicando ós nenos que os
fagan parar, buscando a súa interacción, para que non lles fagan volver ler
ese conto. En definitiva todo o que permita ó lector engancharse á historia e gozar do pracer que supón a lectura dun libro.
Non é, polo tanto, un libro para
ler con voz calma e luz tenue xusto antes de ir durmir. É un libro para ler ás
voces, rindo, ben espertos, e se é a varios nenos á vez, aínda mellor. O lector
deberá facer un exercicio de deshinibición ante os nenos, facendo que a súa lectura sexa
todo un espectáculo teatral.
Estamos ante un libro para ler
cos nenos, para animalos a ler en público, para voltar a ser nenos, facer o
parvo, divertirnos, rir a cachón; en definitiva pasalo moi ben ( mellor que
non sexa antes de durmir).
Aínda que é unha lectura xenial
para facer en familia, tamén é unha boa oportunidade para que os nenos
lean por
sí sós, xa que moitas das palabras que aquí aparecen están escritas en
maiúscula e en gran tamaño. Ademáis de seguro atoparán moi divertido o
significado absurdo de moitas delas.
Este aloucado libro será un gran aliado para solucionar co seu humor conflitos que poidan xurdir nalgún intre. Calquera anoxo, ficará esquecido perante a súa lectura.
Teño que dicir que quedei abraiada con esta obra, xa non só polo feito de que amosa ser moi atractiva pese a que carece de ilustracións, senón pola descrición que fixo a miña compañeira do seu formato, contido e, sobre todo, das potencialidades. A forma de expresarse fixo que sentise unha gran curiosidade por saber desta obra, polo que teño que agradecerlle o traballo que fixo. Asimesmo, gustaríame facer unha breve aportación: como ben se comenta nas potencialidades "é preciso unha boa lectura en voz alta e xesticulando", e eu creo que esta é unha boa oportunidade de que as nenas e nenos poidan traballar a vocalización e a pronunciación de forma lúdica. En xeral, creo que é unha obra que merece a pena tratar cos cativos/as á hora de introducirse no mundo da lectura e a aprendizaxe, pois que mellor forma de facelo que a través da diversión e a interacción continua.
ResponderEliminar