mércores, 1 de marzo de 2017


Ø POCAHONTAS:


 Editorial: Ediciones Gaviota S.L, Manuel Tobar,8 Año de publicación (1995), encuadernación: Cartoné, (+3 años).[112pp]. ISBN: 84-392-8449-7), 1ª edición. 

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado narrativo de gran formato (17.5x23 Cm). As cubertas son ríxidas.

 Na cuberta pódese ver a imaxe dos protagonistas mirándose un ao outro encóntranse acompañados por un paxariño e un guaxinim (mapache), detrás deles encontrase unha cascada, estes datos pódennos dar unha pista sobre o contido do libro. Na parte superior observamos o título e na inferior o símbolo da editorial. No lomo aparece a imaxe dun barco e persoas de dúas razas diferentes entre elas descargando cousas de dito barco en compañía e colaboración.
Na portada do libro podemos ver ao guaxinim comendo con cara de alegría.

                                                                                      

En canto ao contido do conto este está composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas, estas reflexan o que vai ocorrendo en cada folla do libro. As letras son de un tamaño máis ou menos mediano, e dispóñense nunha ou sobre as dúas páxinas.

         
Este libro é narrado en terceira persoa, nel contase a historia da princesa da tribu de Pohatan, Pocahontas é áxil, forte e valente. Está moi confusa sobre o seu futuro porque no sabe se casarse ou non. A súa confusión debese a chegada do "home branco", todo se vai complicar, e Pocahontas terá que tomar as súas propias decisións... A decisión final é que Pocahontas quedase na súa tribu é Jonh Smit (home branco) vaise no seu barco porque non poden acabar xuntos.


Potencialidades: Paréceme que é un libro moi interesante e importante, xa neste conto explicase dun modo tranquilo e doce as diferenzas entre as persoas e aínda que todos non somos iguais pois que debemos respectarnos e traballar sempre en colaboración uns cos outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario