¡VOY A COMDEDTE!
Derouden,
J-M (2013), ¡Voy a comedte!, ilust.
Du Fay, Laure, España: Editorial Kókinos, 2da Edición, traducción de Miguel
Angel Mendo, [36 pp.] (ISBN: 978-84-92750-86-3)
Breve descrición do formato e contido da obra: Album ilustrado que nos conta a historia dun lobo famento que ten
un problema de dicción. Este lobo agóchase detrás dunha árbore esperando que se
presente un prato de carne fresca, pero pasan dous coelliños que son moito mais
listos que o lobo. Cambian a súa sorte convencendo ao lobo de que o seu
problema de dicción é debido a un pelo que ten na lingua, e prometen arreglalo,
o outro coello axúdalle a cazar mellor, e finalmene o lobo perde os dentes petando
contra unha árbore, e por todo i sto, faise vexetariano.
As ilustracións teñen unhas cores con moitos
contrastes, son grandes e expresivas, moi sinxelas e cunha paleta de cores moi
reducida, moi parecidas aos dibuxos animados. O tipo de letra tamén xoga un
papel moi importante, porque dependendo do tamaño,debe leerse con diferente intensidade.
Aparentemente, parece a típica historia do lobo
malo que intenta comer a uns pobre animaliños, pero non ten nada que ver, e
sorprende como discurre o conto, xa que o lobo é engañado polos coellos.
Potencialidades: Este
libro trata de fondo unha dislalia selectiva, en concreto o rotacismo, pero
sacándolle totalmente importancia, e contada dun xeito divertido, prestádose
moito a historia para representar. Ademais, con este conto pódese traballar os
medos que os nenos pequenos teñen, como neste caso, os coellos enfréntanse ao
lobo que os vai comer.
É un libro moi indicado para iniciarse na
lectura, xa que ten pouco texto, o que fai mais fácil leelo, sendo moi ameno
porque apenas hai narración, case todo son diálogos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario