Casares,
Carlos (1968). A galiña azul, debuxos
de Trichi, Ilda, Mima e Alberto García Alonso, Vigo: Galaxia, [32 pp.] (ISBN:
978-84-9865-010-5).
Respecto ao contido podemos dicir
que toma forma dunha carta que vai dirixida a unha nena que marchou de Galicia
con dous anos e, sete anos despois, un amigo seu escríbelle contando unha serie
de historias para que non se esqueza das súas orixes; estas, son cinco, “O
peixe da fonte do xardín”, “A bomba da felicidades”, “A galiña azul”, “A
formiga esquiadora” e “O final da galiña azul”, están entrelazadas e son moi
curtas, cada unha delas transmítenos unha mensaxe. Son historias fantásticas e
están protagonizadas por homes e animais con características peculiares e de
carácter entrañable. O primeiro conta como un peixe morre intentándolle dar
auga un paxaro moribundo. A segunda fálanos de Leoncio, un personaxe que
inventou o idioma “papapío” para falar cos paxaros e as formigas e a bomba da
felicidade, que estoupa derramando música, rosquillas e globos de cores. A
terceira é a que lle da título ao libro, trata da galiña azul de Lorenzo que é
característica pola súa cor, por ter a á dereita con cinco plumas vermellas,
por poñer ovos de cores e porque fai cocorocó, o que non lle gusta nada as
autoridades do pobo todas as diferenzas desta galiña. A cuarta conta a historia
dunha formiga cunha pata rota e que era moi valente. E a última, segue coa
historia da terceira, pero deixándonos unha pequena intriga do que sucede coa
protagonista. O autor remata o libro citando que volverá a escribirlle máis
historias á cativa.
Potencialidades: A galiña azul é unha obra que xa ten corenta e nove anos pero que a
súa funcionalidade segue moi presente hoxe en día. No “Teatro
Infantil do texto á representación” vemos que se di que é unha obra de aire
novo no seu momento, que introducía a fantasía sen renunciar a camiñar polo
realismo crítico tan en voga no intre da publicación no Estado español e pouco
tratado aínda en Galicia (Roig; Domínguez e Soto, 2007). Esta obra dou paso á
liña crítica en discurso da diferenza.
Persoalmente creo, que a pesar de
ser un libro difícil para os máis pequenos e pequenas comecen a ler a través
deste, como mestras debemos telo presente para lerllo e traballar con el xa dende
os tres anos para poder inculcarlle todos os valores tan importantes que nos
transmite o autor. Os nenos e nenas aprenderá a buscar a felicidade nas
pequenas cousa, a axudar aos demais cando o precisen e a non discriminar a
ninguén por ser diferente. Por outra parte, creo que aínda que estea traducido
a outros idiomas ou a reproduciran a diversas culturas, é algo que caracteriza
a Galicia e que transmite a nosa esencia, quere conseguir que a xente, neste
caso Ana, sinta a morriña.
Por último, dicir que se nos parece unha obra densa para o noso alumnado
máis pequeno, podemos contarlla historia por historia; debemos buscar a forma
de transmitir a maxia da lectura e sen desaproveitar obras tan importantes e
divertidas como esta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario