martes, 14 de marzo de 2017

Nadarín

Lionni, Leo (1963), Nadarín, Pontevedra: Kalandraka, (+3 anos) [15 pp] (ISBN: 978-84-8464-628-0)

9788496388604.jpg

Formato: trátase dun álbum ilustrado, tamaño A4, rectangular e de tapas duras. O estilo de debuxo da cuberta mostra o método artístico das ilustracións de todo o conto: trazados característicos das acuarelas, os fondos represéntanse con azuis fríos, brancos ou grises, e os outros elementos contrástanse utilizando cores máis vivas ou cálidas. Os componentes das ilustracións teñen un carácter translúcido e aparecen moitas veces superpostos un con outros. As imaxes son preciosas e sorprendentes, invitan a calquera a coller o conto e comezar a ler.

20170314_183029.jpg  20170314_183019.jpg

Contido: o conto relata a historia dun pez chamado Nadarín. Nadarín era o único pez de cor diferente e ademáis, nadaba moito máis rápido. Un día un atún moi grande comeu a todos os peixiños, excepto ó noso protagonista, que consegue escapar. Comeza entón unha viaxe polo océano e encontra a moitas outras criaturas fascinantes do mar hasta que da con outro banco de peixes iguais ca cos que vivía antes. Ante a ameaza do enorme atún que regresou, deciden traballar en equipo, formando a figura dun peixe moi grande, con Nadarín como ollo. Desta forma asustaron ó seu inimigo.

Potencialidades: con esta obra podemos traballar aspectos de amizade, tolerancia, confianza nas nosas posibilidades, colaboración e traballo en equipo. O conto pon especial énfasis en que ser diferente non é un aspecto negativo, senón que cada un coas súas propias peculiaridades aporta algo e enriquece as nosas comunidades. Sería moi interesante tamén traballar aspectos artísticos como a plástica, pois o estilo do álbum inspira a buscar actividades usando diferentes materiais e técnicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario