PRÍNCIPE & MENDIGO:
Editorial: Everest, S.A. Carretera León- La Coruña, km5- León, Año de publicación (1995), encadernación: F. Capdevila, (+4 años). [24pp]. ISBN: 84-241-5876- 8), 3ª edición.
Breve descrición do formato e contido da obra: A cuberta é de cartón duro. Na cuberta principal aparece na parte superior o título do conto e na parte central, debaixo temos o debuxo do protagonista. Debaixo disto aparece o nome da editorial.
Na portada do libro podemos ver a un dos protagonistas co seu gran amigo Pluto de paseo.
En canto ao contido do conto este está composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas, estas reflexan o que vai ocorrendo en cada folla do libro. As letras son de un tamaño máis ou menos mediano, e dispóñense nunha ou sobre as dúas páxinas.
Este libro é narrado en terceira persoa, nel contase a historia de un mendigo e un príncipe. A historia transcorre en Inglaterra o rei estaba morrendo, e o Capitán da Guardia Real gobernaba o país, roubando aos campesiños. O príncipe non o sabía, un día encontrouse a un campesiño que era idéntico a el e tivo a fantástica idea de facerse campesiño por un día. De esta forma descubriu o que o Capitán estaba facendo ao seu pobo. Coa axuda de Mickey, Pluto y Goofy conseguiu derrotar ao Capitán.
Potencialidades: Paréceme que é un libro moi interesante e importante, xa neste conto explicase dun modo tranquilo que non se debe mentir nin roubar ai que ser xenerosos, e que por ter mais poder non se pode abusar da xente que ten menor recursos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario