luns, 6 de marzo de 2017

Orellas de bolboreta



Aguilar, Luisa (2007), Orellas de bolboreta, ilust: Neves André, traduc: Rodríguez Manuela, Pontevedra, colec: Demademora, (+4anos) [12pp], ISBN: 9788484646624.

 
     Descrición do formato e do contido da obra: é un álbum ilustrado de pequeno tamaño, cun formato case cadrado, terminado en punta e que con diferentes tipos de letra.
Na cuberta xa podemos ter unha pequena idea de cómo vai será nosa protagonista, dado que xa nos amosa o seu físico e ao mesmo tempo unha bolboreta ao seu lado que fará referencia a ela pero co transcurso da lectura xa o vamos ir descubrindo.

A contracuberta non nos aporta moitos datos sobre a obra que vamos leer, nin aparece ningún resumen como teñen moitos libros.
Pódese traballar con el para os nenos e nenas de educación infantil e para máis idade, sen ningún tipo de dificultade.
Este conto está formado por pequenos textos e unha ilustración na mesma folla. Na páxina do lado vai acompañada doutra imaxe pero dun tamaño maior ca mencionada anteriormente.
Alterna letra con imaxes aunque non seguen unha orden 
como pode ser: nas páxinas pares as ilustracións e nas
 impares o texto, este conto faino de maneira combinada.
Algunhas imaxes fan referencia ao texto, 
un exemplo sería: “levo un vestido de cadros
 para xogar ao axedrez”. 

Esta é unha historia sobre unha nena que é burlada polos seus compañeiros e compañeiras dado que non é coma eles nin no físico, na forma de vestir…por este feito os demáis nenos/as aléxana deles e fanlles comentarios despreciables, pero grazas a súa nai, a cal lle dá sempre unha razón positiva por esas descriminacións, como poden ser: como é o seu cabelo, as súas orellas… a nena non lles presta moita atención aos comentarios que lle fan.

Potencialidades:
Con este conto podemos ensinarlles aos nenos e as nenas que non poden tratar de forma diferente aos seus compañeiros ou a calquera outra persoa que non sean coma eles porque lles poden ocasionar algún tipo de problema, temos que ensinarlles a través deste conto que todos somos iguais, non que algunhas persoas son máis ou menos ca outras tanto polo seu físico ou pola súa forma de vestir nin que poden xuzgar ás persoas coa primeira impresión que lles transmitan. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario