Preiss, Jacqueline; Glasser, Robin (2000), Mi globo paseando por Nueva York: yo en el
Metropolitan Museum, ilust. Robin Glasser, trad. Ana Maria Navarrete,
Barcelona: Serres, (de 3 a 6 anos), [36 pp.] (ISBN: 84-95040-49-2)
Breve descrición do formato e
contido da obra: álbum ilustrado
sen palabras que se caracteriza polo seu volume de formato grande e cadrado, as
súas paxinas de papel e cuberta e contracuberta de cartón. Nesta obra, polo
tanto, observamos a ausencia do texto, só nos atopamos con el na presentación
da historia ao comezo e na aclaración do nome das obras que van aparecendo o
longo do libro e os seus autores ao final. Pasando logo xa, a unha chea de
viñetas estruturadas en dúas partes. Por un lado, temos a visita da avoa mais a
súa neta polo museo, mentres que por outro, seguimos o voo do globo pola
cidade. Ambas partes están relacionadas empregando certo sentido do absurdo, facéndonos
ver dun xeito divertido como a arte imita en certo modo a vida da cidade. En canto
a ilustración, comprobamos que se atopa en branco e negro e que os personaxes
vanse tinxindo de cor, a medida que se van integrando na historia. Esta foi
realizada en tinta chinesa, acuarelas, témeras e lapis de cores. Ademais, vemos
como so utilizan cinco tonalidades de cores que son o vermello, o azul, o
amarelo, o negro e o branco.
Respecto ao argumento, neste libro relátasenos a historia dunha avoa e súa
neta, que acompañada dun globo amarelo deciden visitar o Museo Metropolitan de
Nova York. Pero cando se atopan co vixilante da entrada, este impídelle entrar
co globo, aínda que a cambio, promételle coidar del mentres se atopan de
visita. Agora ben, bastaranlle uns segundos para comprobar que cumprir a súa
promesa vai ser moi complicado, pois cando menos se o espera, unha pomba
desátalle o globo e sae voando con el, pondo patas a riba a cidade, onde a arte
e a vida urbana se mesturan.
Potencialidades: As potencialidades que ten este álbum son moitas, aínda
que a simple vista non nolo poida parecer. O tratarse dunha obra sen texto, as
súas imaxes están moi coidadas polo que require a atención e boa capacidade de
observación dos máis pequenos, espertando tamén, a súa imaxinación e
creatividade, porque aínda que hai unha historia concreta que se pretende
contar, esta é moi aberta e permítenos elaborar infinidade de interpretacións,
facendo cada lectura diferente. Xunto con isto, agudiza as habilidades
lingüísticas e favorece o diálogo entre o narrador e os oíntes. Ademais, o ser
unha visita por un dos museos máis coñecidos de Nova York, váisenos permitir achegar
aos nenos a cultura e coñecer as distintas obras de arte que alí se atopan, de
autores tales como Rafael, Tiziano, o Greco, Rembrandt, Velázquez, Picasso,
Pollock e Braque, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario