VV. AA. (2017) Colección
Minilibros para soñar imperdibles 2: Orellas
de bolboreta / A cebra Camila / Os ratos da casa / Gato Guille e os monstros /
Un agasallo diferente / Xaime e as landras / Os de arriba e os de abaixo. VV. ilust., Pontevedra: Kalandraka, (+
3 anos) (ISBN: 978-84-8464-307-4).
Breve descrición do formato
e contido da obra: Trátase
dun estoxo de minilibros de 7x7 Cm. que contén os seguinte álbums ilustrados: Orellas de bolboreta, A cebra Camila, Os
ratos da casa, Gato Guille e os monstros, Un agasallo diferente, Xaime e as
landras e Os de arriba e os de
abaixo. Os libros son exactamente iguais que os orixinais pero en
miniatura. O estoxo pertence á
Colección Minilibros para soñar de Kalandraka. É o número 2 pero a colección
conta cunha totalidade de sete estoxos. O
estoxo é de cartón e presenta un formato cadrado. Os cantos son rectos e
formando puntas. Na parte dianteira vese plasmada a cuberta do álbum ilustrado Orellas de bolboreta. Na parte de atrás pódese
ver un listado dos sete libros que se atopan no interior. A caixiña abre polo
lateral dereito e deste xeito xa se pode acceder ós minilibros. O estoxo é de cor
laranxa.
Potencialidades: A primeira potencialidade que atopo é o
diminuto tamaño dos libros. As nenas e nenos están acostumados a ler e ver
libros dun gran tamaño que, ás veces, ata lles pode resultar difícil soster. O
feito de que estes libros lles collan nas mans fai que os poidan manipular
con máis facilidade e sintan que están feitos especialmente para eles. É dicir, adáptanse
ós corpos dos nenos. Sae do convencional.
Outra das potencialidades é de tipo económico. Este estoxo custa 10 euros e
contén sete obras que por separado custan de 10 a 15 euros cada unha. Por isto,
está á man de moitas máis persoas.
Por outra banda, o tamaño pequeno fai que se podan levar dun lado a outro
nun peto, nun bolso, nunha mochila... É un bo recurso xa que se poden ler nunha
sala de espera de calquera lugar, por exemplo.
Por último, paréceme que o estoxo recolle unha serie de libros nos que se
tratan diversos temas moi importantes para traballar con nenas e nenos: A
autoestima e a imaxinación (Orellas de
bolboreta); a constancia e o medio natural (Xaime e as landras); os animais, as cores e os números (A cebra Camila); o xogo de palabras e as
rimas (Os ratos da casa); a
superación dos medos e as partes da casa (Gato
Guille e os monstros); a utilidade dos obxectos do día a día como xoguetes
e a amizade (Un agasallo diferente);
e a diversidade (Os de arriba e os de
abaixo).
Tiven problema para atopar a data de publicación do estoxo número 2 de Kalandraka. Se algunha ou algún de vós atopa outra diferente agradecería que mo dixese para contrastar.
ResponderEliminarMoitas grazas :)