Lluch, Eric (2008), A granxa de Simón, ilustr.
Mariano Gabriel, Vigo: Xerais, (+3 anos), [26pp.] (ISBN: 978- 84- 978- 2797- 3)

A obra consta de 24 páxinas completamente
ilustradas, e a historia que se conta no texto que aparece sempre nas páxinas
pares, coincide coa historia das ilustracións.
En canto o contido, conta a historia de Simón
e a súa granxa, Simón é un mozo que na súa granxa ten moitos animais coma
galiñas, patos, o cabalo Xeremías, un can e coellos, aos animais de Simón
encántalles como toca a frauta o seu dono despois do traballo, e todos o
escoitan expectante e incluso algúns como os patos representan a letra da
canción co seu “ cua- cua”. Ao final do libro aparecen datos sobre animais,
para poder clasificalos de diferentes formas.
Potencialidades: A pesar de ser un conto curto e sinxelo, a
través del os nenos e nenas poden aprender moitísimo sobre os animais da granxa
e sacarlle moito proveito, por exemplo, con el, os nenos aprenderán o que comen
algúns animais, os sonidos que fan, e sobre todo ao final do libro cando fan
diferentes clasificacións de animais, polo xeito de desprazarse, polo lugar no
que viven, pola comida que comen, e así de forma entretida os nenos van
aprendendo cousas importantes sobre eles. Ademais co gusto dos animais pola
música aprenden sobre o caracter relaxante desta, porque no momento que o dono
empeza a tocar a súa frauta todos os animais da granxa reláxanse e o escoitan
atentamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario