González, Xosé Manuel (2011), Artur, ilust. Marc Taeger, Pontevedra:
Kalandraka Editora, [26 pp.] (ISBN: 978-84-15250-11-1).
Breve
descrición do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de formato cadrado que mide 19cm x
19cm. Está encadernado en cartón duro e os seus cantos son redondeados.
A cuberta e a contracuberta son de cor azul. A cuberta
preséntanos o protagonista, un pito chamado Artur. Na parte superior da
cuberta, en letras brancas atópase o nome do autor e o do
ilustrador, Marc Taeger. Mentres que na contracuberta, atópase a cascara, cuarto
do pequeno pito, xunto con dúas dedicatoria, o nome da editorial e o ISBN.
As ilustracións atópanse nas páxinas pares sobre un fondo
branco, aínda que nalgunhas páxinas as ilustracións atópanse nas dúas páxinas. Son
imaxes vivas, onde as formas, os trazos e os abundantes detalles chaman a
atención. Na parte inferior das páxinas impares, atópase o texto, onde se conta
a historia do pito Artur.
Este pequeno relato conta a historia dun pito, chamado
Artur, que estaba incómodo dentro do seu ovo. Artur sentíase a salvo dentro da
cascara, ata que un día descubriu que vivía nun mundo enorme e descoñecido que
se abría ante os seus ollos.
Potencialidade: É un libro moi práctico para os nenos e nenas
polo seu pequeno tamaño. Os docentes, dende o inicio da historia do pito Artur,
poden tratar cos nenos e nenas o que senten eles mesmos, cales son os seus
medos e inseguridades. Narrase unha historia moi sinxela e con esta obra pódese fomentar a tenrura e
traballar valores como a perseveranza, a forza de vontade, pero sobre todo a
superación persoal. Ademais, con este conto pódese ensinarlle aos nenos e nenas cales son os animais que nacen de ovos, como foi o caso do pito Artur.
Penso que a través deste libro lle podemos mostar aos nenos e nenas dunha maneira moi sinxela e simple a partir dos debuxos que vemos nas ilustracións e a través da lectura que a través do esforzo e da perseveracia todos podemos chegar as nosas metas.
ResponderEliminar