mércores, 1 de marzo de 2017

Mamá ten unha casa na barriga



Andreae, Giles (2001). Mamá tiene una casa en la barriga. ilust. Vanessa Cabban, Barcelona: S.A. ediciones Beascoa (de 2 a 6 anos), [26 pp.] (ISBN:9788448811013).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado narrativo de gran formato (26x28cm). As cubertas son ríxidas e coas esquinas sobresaíntes.

Na cuberta pódese ver a imaxe dunha muller en cinta e un neno, abrazándose o que nos dá a pensar que é unha nai co seu fillo,o que nos pode dar unha pista sobre o contido do libro. Na parte superior observamos o título e na inferior a autora e ilustrador do libro xunto coa editorial. No lomo aparece a imaxe dun home lendo un conto a un neno, cun texto breve e sinxelo onde nos fala da barriga da súa nai.
As gardas, tanto a anterior como a posterior, hai unha serie de dibuxos cotians sobre un fondo amarelo. Na portada do libro podemos volver a ver a imaxe da nai e do neno, pero desta vez estes
están de pe e agarrando a barriga embarazada.


DSC_0005.JPG


Referente ao contido do conto esta esta composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas, estas reflexan a ternura do que trata o libro. As letras son tamén grandes, e dispóñense nunha ou sobre as dúas páxinas. Contado a modo de poesía rimando cada estrofa na súa última vogal.

DSC_0007.JPG

Este é un libro narrado por un neno onde explica que o que hai na barriga da súa nai é a súa nova irmá,  fala de como el tamén estivo ai dentro, de cómo está e come a súa irmá, de como coidar a súa mamá…

Potencialidades: Paréceme que é un libro moi importante, pois a chegada dun novo irmán conleva grandes cambios o na vida dos nenso e nenas. Este conto explica dun modo tranquilo e doce os cambios que van sucedendo na barriga da nai e todas as vantaxes que ten a chegada un novo irmá.

3 comentarios:

  1. Paréceme un conto moi acertado para levar dentro das aulas de infantil, posto que a chegada dun novo membro a familia e una situación moi bonita e a vez pode ser moi complicada, por iso a importancia de falar de elo na aula para axudar non so os máis pequenos senon tamén os pais recomendando este conto para que o lean todos xuntos no fogar.

    ResponderEliminar
  2. Non fun capaz de recortar máis a primeira imaxe. Porque cada vez que a pegaba no blog volviame a parecer igual. Se alguén e capaz e o pode facerrrr, agradeceríallo. Quedaría moito mellor se non se vise as cousas do arredor. Gracias

    ResponderEliminar
  3. Me gusta este libro porque me parece una herramienta útil para ayudar tanto a padres como a profesores a acercar a los pequeños al tema de la gestación, ya que muchas veces éstos no logran comprender todos los cambios que se producen tanto en su madre como en su entorno. Leyendo con ellos este libro fomentamos que los niños se familiaricen con el tema y les sea mas fácil entenderlo.
    P.D la imagen creo que solo puedes modificarla tú, porque a mi solo me da la opción de ver o compartir la entrada.

    ResponderEliminar