Breve descrición do formato e contido: Primeiramente dicir que este é un libro que forma parte da colección: Contos do Trasno Comodín colección dirixida por Xoán Couto. É un conto popular portugués adaptado por Marisa Nuñéz.
Álbum ilustrado encadernado en cartoné coas tapas duras e coas puntas sen redondear cun tamaño de 20 x 20 cm.
O libro presenta unha cuberta chamativa para os nenos nela aparce un pito moi simpatico cunhas cores moi chamativas.
Na contracuberta visualizase como un cadro no que aparece o pito Cairo a persoaxe do conto camiñando por un prado.
Potencialidades:
As potencialidades que eu asocio a este conto son a aprendizaxe en valores, o compartir neste caso as moedas de ouro que o pito atopa e quere compartir co rei.
É un conto de bastante extensión e algunhas palabras son de certa complexidade, para captar a atención dos nenos, precisase dunha boa dramatización xa sexa facendo monicreque do noso personaxe ou usando outros recursos como cun disfrace de pito facendo un teatro imitando ao gracioso pito Cairo.
Unha vez que os nenos teñan coñecido a historia do pito Cairo, pódense facer con eles actividades como por exemplo: que debuxen o pito, ou a parte do conto que máis lle gustou, coñecer os pitos como nacen que comen onde viven… etc.
Infinidade de cousas se poden facer con este tipo de contos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario