martes, 21 de marzo de 2017

VIOLÍN

Rubio, Antonio (2014), Violín, ilust. Óscar Villán, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka Editora, [12 pp.] (ISBM: 978-84-8464-855-0).
 
Breve descrición do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de formato cadrado que mide 16 cm. x 16 cm. Está encadernado en cartón duro e os seus cantos son redondeados.

A cuberta e a contracuberta son de cor laranxa. A cuberta preséntanos un neno que está a tocar un violín. Na parte superior da cubeta, en letras brancas, atópase o nome do autor, Antonio Rubio, e o do ilustrador, Óscar Villán. Mentres que na parte inferior, atópase o nome da obra e da editorial, Kalandraka. 

A fundación da editorial Kalandraka, en 1998, abre unha nova etapa na historia da literatura infantil e xuvenil galega, e mesmo de todo o ámbito español. Esta comezou a traducir os seus títulos ao castelán, catalán, éuscaro e mesmo ao inglés. 
Os álbums ilustrados de Kalandraka aproveitan recursos semióticos. Ademais, presentan unha ampla mostra dos ilustradores galegos actuais, gañadores de premios a nivel do Estado ou internacionais. Este camiño aberto por Kalandraka foi seguido por outras editoriais galegas ou do resto do ámbito español: Baía, A Nosa Terra, Everest... Contamos polo tanto, cunha importante produción de álbums ilustrados en galego, autóctonos ou traducidos, de calidade literaria e artística superior, polo xeral, á do período anterior. 


A contracuberta preséntanos o nome da colección, “Do berce á lúa”, xunto co ISBN e o nome da editorial. A colección Do berce a lúa, está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para quen se deseñou especialmente os pictogramas.



Este pequeno relato permite que o oído dos nenos e das nenas poda recoñecer o mundo da sonoridade, das onomatopeas e sensacións. Instrumentos musicais, palmas e bicos envoltos nas ilustracións.

Potencialidade: Violín é un libro moi práctico para os nenos e nenas polo seu pequeno tamaño, e a vez é moi versátil a pesar da súa aparente simplicidade. 

Esta obra é ideal para traballar os instrumentos musicais dunha maneira lúdica e atractiva. A partir desta obra, podemos fomentar nos nenos e nenas a memorización, a través das frases e dos sons, e posteriormente pódeselle presentar unha maior dificultade, de maneira que as frases e os sons atópense salteados. Así mesmo, os nenos e nenas poderán imitar os xestos que se fan con cada un dos instrumentos e facer ritmos coas distintas onomatopeas que aparecen na obra (pom pom pom, glin glin glin...).  

A partir desta obra podemos traballar algúns factores como poden ser: a memoria, elementos musicais, as cores, os ritmos, a atención, o ritmo, entre outros aspectos. 

Ademais, con este pequeno conto, podemos captar a súa atención a través de cancións, polo que é importante xogar coa voz, as pausas e o ritmo. https://www.youtube.com/watch?v=iM_kCRSh31Y

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. A colección de libros "Do berce a lúa" da editorial kalandraka son recomendables para os nenos/as de 0 a 3 anos.

    Estés libros están feitos para seguir o ritmo da lectura, xa que cada contó e un poema que se pode narrar ou cantar. Esto axuda os nenos a que a través do oído e da vista comezen a discriminar obxetos.

    As aprendizaxes nestes libros, vanse facendo de maneira gradual: números, cores, animáis, sons...

    Violín é un libro que mezcla instrumentos, onomatopeas e sonoridade.

    Outros libros desta colección son: "Árbol", "Cinco","Cocodrilo", "Luna", "Miau", "Pajarita de papel", "Zapato", "Limón" y "Veo veo".

    ResponderEliminar