domingo, 5 de marzo de 2017

Cuando estoy celoso



Moroney, Trace (2008), Cuando estoy celoso. Ilust. Trace Moroney. Editorial. SM., [16pp] (ISBN: 978-84-675-2203-7)

 


Breve descripción do formato e contido da obra:
Este conto é un álbum ilustrado de formato mediano e cadrado, as cubertas deste son máis duras que as do resto de follas. Na cuberta aparece a personaxe principal, un coello. Como o propio álbum indica na parte posterior, este conto esta dirixido aos nenos con idades superiores a 3 anos.

As ilustracións non son o máis importante na obra, aínda que aportan unha énfase para o tema do mesmo. O máis importante e o tema en cuestión, os celos que teñen os nenos pequenos, neste caso representados na obra polo coello, ante diversas situacións, como os celos ante a atención que os país lle prestan a un irmán, ou celos que se producen porque outros teñen un xoguete que el quere ter.

Mais adiante o coello dase conta de que estando celoso só pensa en cousas negativas, asique comeza a pensar nas cousas que o fan feliz, e dáse conta de que aínda que a veces se poida sentir celoso, a súa familia o quere por ser como é.



Ao final do libro ven unha páxina cunha nota para os pais, na cal recoméndase  falar cos nenos para que expresen os seus sentimentos, facendo que os nenos aprendan a manexar os mesmos para ter una autoestima positiva. Tamén recomenda que se deben facer reforzos positivos para que os nenos se valoren a si mesmos.




Potencialidades:
Paréceme un libro moi interesante, debido a que os celos son algo moi común nos nenos pequenos. O coello ao principio síntese celoso e está triste ata que se da conta de que os seus seres queridos o queren por ser como é, e que non ten motivos polos que estar triste.

Os nenos deben ver que os celos son algo “normal” pero que non se deben encerrar neles, e teñen que pensar en positivo como fai o coello. Este libro tamén serve para que os pais vexan que os nenos se teñen que sentir valorados e para que sexan conscientes de que calquera cousa pode por celoso a un neno e se non os axudamos a loitar contra eles reforzando o que fagan ben e valorándoos, os nenos poderán estar tristes como lle pasa ao principio ó coello.

Tamén me parece moi importante para que os pais comprendan a importancia de que os seus fillos expresen os seus sentimentos, xa que desta maneira se sentirán mellor e con máis confianza en sí mesmos.

1 comentario:

  1. Estou a favor e penso que se debería leer e ter en conta a colección de estes contos, xa que este conto cando me sinto celoso ou o resto de libros da colección por exemplo cando sinto medo ou cando me sinto triste,a través deles podemos xogar coa educación emocional dos nosos cativos e axudalos e mesmo motivalos en situacións que vexamos que necesitan de nós. Ademáis de identificar as emocións que sente o personaxe, neste caso o coello, e que os nenos se poidan sentir identificado con él nun momento determinado. A nivel persoal eu lín este conto e o de cando me sinto triste e son unhas lecturas que si considero importantes para que os pais as manexen nas súas casas e con seus fillos.

    ResponderEliminar