martes, 7 de marzo de 2017


“O MONSTRO DAS CORES”





Llenas, Ana (2015), O monstro das cores, ilust. Anna Llenas, trad. Okodia­ – grupo traductor, Editorial Flamboyant, (de 3 a 6 años), [48 pp.]. (ISBN: 9788494157882)



Breve descripción do formato e contido da obra: é un álbum ilustrado de formato cadrado sen cantos redondeados e cuberta dura. As ilustracións son dun estilo elaborado, donde a autora e ilustradora fai uso do collage con materiais reciclados. Trátase dunha técnica con máis volume, no tan plana, pero sempre mantendo a simplicidade das formas. No interior do libro preséntanse ilustracións acompañadas de pequenos textos, algo moi característico desde autora. Cada emoción vai acompañada dunha ilustración, as mesmas ocupan ámbalas dúas páxinas.

 Neste álbum preséntanse de forma sinxela as emocións a través dun xogo de cores na que a autora e ilustradora usa para distinguir cada emoción. O que a autora reflexa neste libro e unha pregunta sinxela,  ¿Sabemos distinguir as nosas emocións?.

 O montro de cores non sabe o que lle pasa. Fíxose un lío coas emocións e agora tócalle desfacelo. As veces, sentía rabia e medo ou rabia e tristeza pero tamén podía sentir calma e alegría ou todo a vez.  

 Pero un bo día o monstro atopouse cunha nena e sentíu unha emoción da que todavía non houbera oído falar. A nena axudaralle o monstro a separalas emocións e saber entendelas. Así, de este xeito poderá distinguir que cada fío tiña unha cor e que cada cor pertencía a unha emoción diferente. Será capaz de poñer un nome a cada cousa e cada cousa no seu sitio, polo tanto entender o que sentía en cada momento.

Unha vez, que as emocións estean ordenadas, o monstro vólvese de cor rosa ¿Por qué? ¿A conto de qué?. Quizais o amor ou o agradecemento sexan a clave para entender este final.

  Unha historia sinxela e divertida, que introducirá aos pequenos e os maiores no fascinante lenguaxe das emocións.



Potencialidades: Este é un magnífico libro para traballar as emocións de tal xeito que os nenos podan xestionalas desde ben pequenos . Cada vez somos máis conscientes da importancia de traballar  a educación emocional desde edades ben tempranas. Os nenos non deben reprimir as emocións, xa que todas elas son necesarias.

Na vida real os nenos teñen que enfrentarse a diversas situacións que lle producirán diferentes sentimentos de felicidade pero tamén deberán enfretarse a situacións negativas e saber reaccionar ante os diferentes estímulos. Por elo deben coñecelas e tomar conciencia destas. Hoxe sabemos que se reprimimos as emocións, se non sabemos identificalas e expresalas, se as evitamos, solo imos xenerar  malestar e incluso intensificalas.

A autora convídanos nesta fabulosa historia a identificalas emocións por medio das cores ofréndonos a axuda da nena que a través dos botes canalizaremos esas emocións. Os docentes e os pais debemos educala a emocionabilidade dos nenos e unha boa maneira será axudalos a comprender, identificar e tratar os seus sentimentos.

Todos os nenos viven moitas situacións diferentes o día, e que lles poden provocar moitas sensacións. Por iso a importancia de invitar os nenos a falar de como se sinten, das suas reaccións, animalos a contar os seus medos para poder superalos, abrazalos se están tristes e escoitalos.  A obra e, sen dúbida, unha boa forma de enfrentarnos a eles e conoñecernos máis a nos memos.

Como conclusión, este é un libro sinxelo, fácil de ler e entender, aínda que con unha grande profundidade. E unha moi boa ferramenta para os máis cativos onde podan saber xestionar as diferentes emocións que nos lles poden xurdir en calquera momento do día. Esta obra configura unha fabulosa ferramenta para entender o mundo que nos rodea, e poder axudalos a medrar de forma equilibrada, e que sexan adultos felices, empáticos, equilibrados e maduros.














Ningún comentario:

Publicar un comentario