Ø O libro Da Selva
Editorial: Everest, S.A. Carretera
León- La Coruña, km5- León, Año de publicación (1995), encadernación: F.
Capdevila, (+4 años). [24pp]. ISBN: 84-241-5579- 3), 3ª edición.
Breve descrición do formato e contido da obra: A cuberta é de cartón duro. Na cuberta principal aparece na parte superior o título do conto e na parte central, debaixo temos o debuxo dos protagonistas. Debaixo disto aparece o nome da editorial.
Na portada do libro podemos ver a un
dos protagonistas co seu gran amigo de paseo.
En canto ao contido do conto este está
composto por grandes imaxes que ocupan dúas láminas, estas reflexan o que vai
ocorrendo en cada folla do libro. As letras son de un tamaño máis ou menos
mediano, e dispóñense nunha ou sobre as dúas páxinas.
Este libro é narrado en terceira
persoa, aínda que contén algúns diálogos entre Mowgli e os animais da selva.
Neste conto contase a historia de un neno que crece na selva e coidado
por os animais da selva, en especial unha pantera e un oso, os seus
amigos querían levalo ao poboado dos seres humans para que estivera a salvo do
tigre que o quería matar, tras unha serie de acontecementos estes lograron
salvar a Mowgli e grazas a presenza de unha nena humana que atoparon no seu
camiño Mowgli acabou indo a onde pertencía que era o poboado humán.
Potencialidades:
Paréceme que é un libro moi interesante e importante, considero que é un libro
bastante interesante para os máis pequenos, xa que os enseña a resolver
diferentes situacións da vida.
Tamén respecto as imaxes do texto creo que
están moi ben representadas, xa que ilustra todo o que vai contando o texto e
podería guiarse o texto soamente cas imaxes
Pódese empregar como un recurso á hora de traballar outras culturas ou os diferentes animais e as súas características máis notables, xa que nas ilustracións aparecen animais doutros hábitats que é moi interesante coñecer.
ResponderEliminar