mércores, 15 de marzo de 2017

Libro parlanchín: Dino.

Igloo Books (2012). Libro parlanchín: Dino, Madrid: Susaeta, col. Libro Parlanchín, [10 pp.] (ISBN: 978-84-677-1950-5).



Breve descrición do formato e do contido: Estamos ante un divertido libro ilustrado bastante grande en comparación cos anteriores, de formato cadrado e cos cantos redondeados. Está encadernado en cartón duro e as páxinas tamén son duras e grosas. No centro do libro encontramos unha marioneta que está ao longo de todas as páxinas, xa que atravesa todo o libro dende a contraportada ata a portada; esta é a boca do personaxe da historia, o dinosauro Duncan e complétase co corpo de Duncan en todas as páxinas a través das diversa ilustracións.
En canto á cuberta, como xa dixen, aparece a boca de Duncan en formato real xunto o seu corpo, e na contracuberta encontramos unha breve descrición da historia e outro libro desta mesma colección ademais do ISBN e outros datos de interese. O volume conta con 10 páxinas onde as ilustracións son a toda páxina. Ao largo destas vemos ao protagonista na súa aventura acompañado dos seus amigos e familiares, numerosos animais de diversas clases.
            A historia que nos transmite é a vida dun pequeno dinosauro traveso ao cal lle encantaba comer e non lle fai caso a súa nai e sempre colle grandes empachos.
Potencialidades: É un libro que está pensado para que os máis pequerrechos e pequerrechas participen na historia dunha forma divertida e podelos enganchar á lectura.  A pesar de ser curto e sinxelo a través del podemos traballar co alumando diversos aspectos e sacar moito proveito del.
            A través do conto podemos traballar o esquema corporal, xa que utiliza frases como “Estiró bien los brazos y, abrindo bien la boca,...”, tamén, nos pode servir para fomentar a psicomotricidade se interactuamos no medio da historia con eles mandándolle que fagan o mesmo que fai Ducan.
Por outra parte, se lle deixamos aos nenos e nenas que sexan os que manexan a marioneta, estamos exercitando a súa motricidade e imaxinación de como poder facelo a partir das indicacións que da o libro.

Tamén exercitamos os sentidos dos nenos debido a que fala de aromas e de gustos, así como os nomes de animais que aparecen ao longo da historia. Por último, creo que ademais podemos sacar unha reflexión cos máis pequenos sobre que sempre lle debemos facer caso a nosas nais cando nos digan algo ou nos dean un consello e a non querer máis do que podemos ter, aprendendo así valores como a obediencia e a non ser avariciosos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario